A fragata da Capela dos Remedios

p/ Manuela Tajes

Fotografías: José M. Formoso Luces

A coñecida por Capela dos Remedios, atópase ó final da rúa Axesta. É unha capela de traza sinxela e pequenas dimensións e que foi fundada e mandada construír por Dona María Pose de Leis, no ano 1744, e adicada a Santa Isabel, nai de San JuanImagen54 Bautista.

No século XIX, a capela pasou a chamarse “dos Remedios”, e elo pola devoción que tiñan moitas xentes a esta advocación mariana, nun tempo en que en Muros funcionaban un bo número de fabricas conserveiras, nas que a man de obra e maioritariamente feminina.

Foron tempos nos que as mulleres traballaban de sol a sol, sen ter nin un día de descanso á semana. Moitas de esas mulleres eran veciñas de Lira, onde a devoción a Virxe dos Remedios era i é moi grande. E así, o non poder, nin tan sequera poder acudir aos cultos solemnes que en honor a VirxeImagen55 se celebraban en Lira o primeiro martes de Pascua, optaron, facendo un petitorio entre elas, por adquirir unha imaxe da súa patrona, que colocaron na Capela de Santa Isabel, en Muros, e co tempo a capela pasou a chamarse “dos Remedios”, celebrándose tamén, en Muros, a festa dos Remedios o primeiro martes de Pascua.

Dentro da Capela, pendida do teito, hai unha maqueta dunha fragata de tres paus, pero non se trata dun exvoto. A historia desta maqueta remóntase aos anos cincuenta do século anterior. Nesas datas celebrábase en Muros unha gran festa en honor aos Remedios, e para recadar fondos, o muradán Don Manuel Beiro Cambeiro (O Sr. Manolo de Carracá), ofreceuse a facer a maqueta dun barco para rifala e así recadar fondos. O Sr. Manolo, pese a que nunca traballara de carpinteiro (sempre foi barbeiro i antes, canteiro), fixo un traballo meritorio. A maqueta rifouse pero non apareceu o agraciado. Pasados os meses, o Sr. Manolo pideu que non se volvera a rifar e que se colocara no pequeno templo como ofrenda a Virxe dos Remedios.

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Historia y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s