Quero ter un can de raza potencialmente perigosa, que teño que saber?

Cintia París

Antes de entrar en materia, imos a definir a un can potencialmente perigoso e as razas que están cualificadas  como tal no ámbito galego.

Un can potencialmente perigoso é aquel que tivo algún episodio de agresións a persoas ou a outros animais; cans que foron adestrados para a gardaImagen1.png e defensa; cans que, polas súas características físicas (musculatura, axilidade, configuración atlética, resistencia, etc.), poidan ser aptos para o adestramento da garda e defensa; ou cans que manifesten unha agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou outros medios. De maneira máis concreta, en Galicia están consideradas como razas perigosas o American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Burdeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileño, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín, Rottweiler, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu. Tamén se consideran razas perigosas os cruces en primeira xeración, cruces destas razas entre si ou cruces destes con outras razas.

Se tes un can deste tipo ou estás pensando en ter un can de compañía dunha das razas anteriormente citadas, hai certas cousas que debes saber respecto ás obrigas legais que tes que levar a cabo.

Que preciso saber para ter en regra ao meu can potencialmente perigoso?

A licenza

A tenza de animais perigosos require a previa obtención dunha licenza administrativa no concello correspondente que poderás obtela senImagen2.png problema se es maior de idade e non tes antecedentes penais (homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade moral, sexual e saúde pública, asociacións con banda armada ou de narcotráfico ou estar privado por resolución xudicial do dereito a tenza de animais potencialmente perigosos).

Para obter dita licenza terás que aportar os seguintes datos: fotocopia do documento de inscrición do microchip, fotocopia do Certificado Veterinario, fotocopia de antecedentes penais, informe do psicotécnico, e o documento do Seguro de Responsabilidade Civil (a terceiros con cobertura non inferior a 120.000 euros). A licenza será renovada cada cinco anos.

Os prezos orientativos serán os seguintes:

Psicotécnico: 60 euros.

Seguro de Responsabilidade Civil: entre 60 e 90 euros, vai depender da cobertura.

Taxas administrativa penais: 4 euros aprox.

Chip: entre 25 e 35 euros.

Vacinas: entre 25 e 35 euros dependendo do veterinario.

Certificado Veterinario: 30 euros aprox. dependendo do veterinario.

Licenza do Concello: 16 euros.

Rexistrar ao animal

Os titulares da licenza municipal deberán inscribirse no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos do concello en cuestión no prazo de 15 días a partir da obtención da licenza. Terás que facilitar os teus datos Imagen3.pngpersoais, as características do animal e o lugar de residencia do mesmo. O concello remitirá os datos ao Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos. A parte dos datos comúns a todos os cans, os potencialmente perigosos terán que aportar a maiores o certificado sanitario, a cartilla sanitaria actualizada e a copia da licenza municipal de tenza de animais potencialmente perigosos a nome do propietario acompañada da copia da póliza que xustifique a formalización do seguro de Responsabilidade Civil.

O propietario do animal deberá comunicar calquera variación nos datos no Rexistro.

Obrigras do propietario

Os propietarios dos cans potencialmente perigosos teñen a obriga de identificar aos animais cun microchip nos seus tres primeiros meses de vida ou en un mes despois da súa adquisición. Por outra banda, deberán de manter unhas condicións hixiénico-sanitarias cos coidados e atencións necesarias de acordo cas características da raza do animal.

No caso de reiteradas agresións ás persoas ou danos a outros animais, o can deberá de ser obrigatoriamente esterilizado por mandato xudicial ou resolución administrativa.

O propietario terá que cumprir unhas normal básicas de seguridade cidadá. Cando se vai pola vía pública o can deberá de ir atado, normalmente cunha cadea ou unha correa non extensible de lonxitude non superior aos dous metros, co seu correspondente bozal homologado e apropiado para a súa raza e en ningún caso poderán ser levados por menores de dezaseis anos. No mesmo caso, o propietario deberá ter consigo o Certificado de Inscrición do animal.

Os animais que se encontren en fincas, casas de campo, chalés, parcelas, terrazas e patios deberán de estar atados a non ser que dispoña dun recinto coa superficie, altura e peche adecuado para protexer ás persoas ou animais que se acerquen a estes lugares.

Se nalgún caso se substrae ou se perde ao animal débese comunicar ao Rexistro Municipal e ao veterinario da zona nun prazo máximo de 48 horas.

Infraccións e sancións

Se o propietario incumpre a normativa poderá ser acusado de infracción leve, grave ou moi grave segundo proceda e terá que aboar unha multa que pode ir desde 150 euros ate 15.000 euros no caso das moi graves.

Respecto as infraccións graves, están recollidos o abandono do can, a falta de licencia, vender ou transmitir un can potencialmente perigoso sen a licencia, o adestramento para activar a súa agresividade ou realizar actividades prohibidas co animal como concursos ou exhibicións que mostren a súa agresividade.  Poderase penalizar ao propietario cunha sanción grave se deixa solto ao animal, se non o ten debidamente identificado ou se non o leva co bozal e a correa correcta pola vía pública.

O caso das infraccións graves ou moi graves poden levar asociadas, ademais, sancións como a retirada da custodia do animal como medida de carácter provisional durante a tramitación do procedemento sancionador.

 

Esta entrada fue publicada en Natureza y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario