Limiar:
Fai non moito tempo, don Jorge Lago, un muradán que reside dende fai moitos anos en Estados Unidos, tivo a feliz idea de crear unha páxina no Facebook a xeito de revista dixital
onde recoller os artigos, os escritos e as “cousiñas” que algúns adoitamos a publicar en outras paxinas e sitios de Internet. Deste xeito tan sinxelo e da ilusión que os colaboradores/as convidados amosaron dende o primeiro momento, naceu The Muros Times ¡¡¡
Dende ambas veiras dun mismo mar e sempre co pensamento posto en Muros, sen ánimo de sentar cátedra en nada e tan só coa ilusión de dar a coñecer aspectos e facetas da vida e da pequena historia de Muros, algúns aceptamos de moi bo grao o seu convite. Outros/as fan dende ela unha labor de divulgación en aspectos tan variados como a mediciña, a música ou a lengua, e entre todos/as puxemos a andar este sinxelo proxecto. Agora da man de dón Manuel Lago Álvarez, damos un pasiño adiante máis e presentamos a publicación en formato de revista. Vaites, que se temos a vosa aceptación e o voso apoio, quizá algún día nos decidamos tamén a pasar tamén ao papel.
