A nosa xente na diáspora: Nellie Lago

Hola a todos! Eu son Manuela Mayo Cubelo, máis coñecida coma Nellie Lago. Son do Campo das Cortes. 
Estou casada con Antonio Lago (o Jarabello) de Serres. Temos dous Picture13fillos e dúas netiñas. Vivimos en Commack, Long Island. Unha cidade de 31 Km cadrados e 36.000 habitantes. Son profesora de preescolar. Hai doce anos que traballo nun colexio cerquiña da casa. Viñemos para América a darlle un futuro mellor aos nosos fillos. Ese era o noso «sueño americano» e creo que o logramos. Estamos moi orgullosos de ser de Muros, i eu, sempre que teño oportunidade, comparto con todo mundo cousas da nosa terra e da nosa cultura. E aínda que nunca se nos olvida de donde vimos e cales son as nosas raíces, estamos moi contentos en este país. Gracias a “The Muros Times” por darme a oportunidade de compartir con vos, un pouco da miña vida. Apertas para tódolos Muradáns donde queira que estén. Nellie Lago.

Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente na diáspora y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario