(By Jorge Lago de Pexejo)
O piano pódese considerar sin dúbida algunha o rei dos instrumentos musicais. Pero non sempre foi así. Os seus orixens son moito máis humildes e plebeios podendo
atopar entre os seus ancestros a cítara, ainda que a sua evolución ven máis directamente do Clavicémbalo, chamado tamén Clavecín. A medida de que as composicións musicais ian evolucionando e crecendo na sua complexidá, os Clavicémbalos íanse quedando rezagados nó que eran capaces de dar de sí e como ocurre moitas veces, a technoloxía e a necesidá viñeron en axuda dos exighentes.
Alá polo 1700, o paduano Bartolomeo Cristofori soupo ver a necesidá de superar as limitacións dos instrumentos de teclado existentes e lanzóuse a experimentar, coa axuda do mecenas Fernando II de Medici para o que construeu o primeiro “Piano e Forte.”
A gran virtú e diferencia eran precisamente o que o nome implica; un instrumento que poidera producir diferentes grados de intensidá fortes e suaves dependendo da presión exercida sobre as teclas e un sistema de escapamento que permitira rapidez nunca antes lograda cando os martelos golperan as cordas. A través dos anos e coa chegada da revolución industrial, o piano foi medrando e mellorando técnicamente. A posibilidá de fabricar alambres de aceiro máis resistentes e o marco de ferro fundido perimitiron que se chegaran a fabricar pianos que aguanten unha tensión de unhas vinte toneladas con caixas de resonancia moito mais amplias, mellora da tonalidá, timbre, potencia acústica e tesitura. Con máis de 5000 partes o piano requiere ademáis de afinamento periódico, mantemento técnico por xente especializada. Quero con esta sinopsis rendir homaxe a un instrumento que gracias as suas posibilidades técnicas i expresivas inspiraron a un sinnúmero de virtuosos a compoñer e realizar algunhas das obras que máis enriqueceron a humanidá.
