By: Manolo de Lajo
O 24 de marzo de 1846 reinaba un forte temporal do suroeste en toda a costa, ainda que o barco navegaba con normalidade rumbo norte e tras haber pasado a costa portuguesa sin percances, o estar chegando a altu…ra de Fisterra parece que o capitán corrixeu o rumbo a estribor
demasiado pronto, ou o vento de suroeste abateuno sin él percatarse de que o desviou da derrota marcada na carta. O caso é que tocou uns baixos entre os cabos de Corrubedo e Fisterra, seguramente Meixide, danando o buque pero non de maneira considerable. Visto o acontecido o capitán decide introducilo barco ata entrada da ría de Corcubión e embarrancalo na praia de Gures. Varou o barco de punta, e decir perpendicular a costa, para así ser máis doado o séu reflotamento, pero a forza do vento e as olas atravesarono quedando paralelo a praia. Salvouse toda a tripulación e maila pasaxe, coa única perda dunha pasaxeira e a carga. Conta a lenda que a muller nunca máis apareceu por mor do peso das xoías que levaba encima. Sigue contando a lenda que o capitán se suicidou posteriormente cortando o pescozo cunha navalla barbeira, por a dor da morte da pasaxeira, que o parecer lle fixera as beiras durante a viaxe de volta da India.
