A versión do gañador

p/ Manuel Martínez Caamaño

A historia escrita polos vencedores non sempre se ten que corresponder coa veracidade dos feitos… De feito, poucas veces se da tal. Nin os indios foros sempre os malos, nin os vaqueiros os bos… Aquí vos deixo unha copia do diario de a bordo do fillo da Gran Bretaña e capitán do buque “RMS Loire” Que entrou teniente Yeona ría de Muros aló no mes de xuño de do ano 1804 para conquistar o castelo de Muros e levar canda el de remolque ao buque da Mariña francesa “Le Confiance” que se atopaba fondeado na baia da vila en resgardo e facendo algunhas reparacións. Dende aquela hai un dito moi socorrido na vila cando alguén che pide que teñas confianza en algo ou en alguén. A resposta dun muradán moi posiblemente sexa: “Non home, non. Que a confianza levouna o inglés” Manuel M. Caamaño 4 de xuño de 1805 Novos ataques ingleses ao sur de Fisterra. Valor e Fidalguía en Muros. Segundo despachos de fontes ben informadas o capitán Maitland, ao mando do Loire, soubo por boca de mariñeiros apresados da capturada corsaria Esperanza da existencia dunha nave corsaria francesa de vinte e seis canóns fondeada en Muros, na bisbarra das Rías Baixas, e lista para facerse á vela. Resolto a capturar ou destruír a nave francesa, arredor das nove da mañá do día catro de xuño, o Loire arrombaba coa marea as inmediacións de Muros remolcando os botes de abordaxe, cincuenta almas entre oficiais e homes baixo o mando, novamente, do bizarro tenente Yeo asistido nesta ocasión polos tenentes dos marines reais Samuel Mallock e Joseph Douglas e o segundo tenente en funcións Charles Clinch. Nada máis acadar a punta de Muros, o Loire viuse sorprendido polo lume dunha pequena batería de dúas pezas longas de 18 libras. Aínda que o capitán Maitland ordenou contestar ao lume puido constatar que os canóns inimigos estaban tan vantaxosamente situados que poderían causar graves danos á súa nave sen apenas recibir danos polo lume contrario. En consecuencia, encoméndaselle ao tenente Yeo a misión de desembarcar e inutilizar a batería. Unha vez que os botes de Yeo dirixíronse cara á costa, Maitland arrombou a súa nave cara ao interior da baía de Muros para descubrir dúas naves corsarias francesas: a corbeta Confiance de trece portas por banda e o bergantín Belier de dez por banda. Segundo parece ambos os dous buques estaban en posición de abrir lume pero, por razóns queImagen2 descoñecemos, ningún deles o fixo. Iso permitiu que a tripulación do Loire concentrase a súa atención nun forte dotado dunha batería de doce pezas longas de 18 libras que, inmeiatamente, abriu lume a unha distancia menor a un cuarto de milla. Maitland ordenou repeler o lume do fortín pero o tiro inglés, aínda que ben dirixido, resultaba ineficaz fronte á rexa construción inimiga. Durante varios minutos, o Loire sufriu un castigador canoneo que causou varias baixas, concretamente nove feridos tres deles graves. Cremos que de continuar o lume, moi posiblemente o navío inglés resultase destruído ou capturado pero a intervención do tenente Yeo resultou decisiva. Tal e como se lle ordenara, Yeo e a súa forza de asalto desembarcaron e, tras unha breve refrega, neutralizan a pequena batería que hostigaba ao Loire desde a punta. Porén, apercibido do castigo que estaba sufrindo a súa nave a conta das pezas do fortín, resolveu asaltalo. Malia descoñecer o número e forza dos seus ocupantes, Yeo dirixiu á súa exigua tropa por terra acadando a porta exterior do forte. Os españois, que non previran de ningún xeito un asalto terrestre e xa que toda súa a atención concentrábase no Loire, deixaran aberta a porta por que irrompeu a tropa inglesa. A gornición contaba con vinte e dous soldados españois mas un considerable número de cabaleiros e aldeáns voluntarios e uns cen homes da dotación do corsario francés Confiance. A loita no interior foi breve e sanguenta pero a sorpresa e o arroxo foron bazas fundamentais para que, ao cabo de pouco tempo, as cores británicas ondeasen no máis alto do forte. A seguir, unha vez cravados os canóns e estragadas as cureñas, procedeuse a voar as troneiras e outras partes do fortín para embarcar nos botes e regresar ao Loire. As baixas na forza do tenente Yeo foron de seis feridos, incluíndo ao propio Yeo, o señor Clinch, tres mariñeiros e un marine. Paralelamente o capitán Maitland, tras facerse cargo dos dous corsarios franceses e dun bergantín mercante español tamén fondeado, enviou unha mensaxe á poboación asegurando que en ningún momento daríanse actos de pillaxe nin se atentaría contra as vidas e bens de propios. Unha delegación formada por notables de Muros agradeceu persoalmente ao capitán inglés o seu nobre xesto así como o cristián proceder do tenente Yeo e os seus homes cos feridos españois e franceses do fortín. Unha vez máis séntense os efectos do bloqueo británico e da audacia dos seus ataques. Polo menos cabe agradecer comportamentos como os do capitán Maitland que, no seu dereito a facer a guerra, procuran evitar sufrimentos aos paisanos.

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s