O Faro de Monte Louro

p/ Manuel M. Caamaño

Aí o está, non o asemella, pero o faro de Monte Louro xa ten 152 anos de vida! Foi construido coa finalidade de embocar a ría de Muros librando dos baixos de Virullos e Ximiela. A súa, luz vindo de norte para sur, e …sempre co alto do cabo da Nave á vista por fora do cabo de Fisterra (para librar por fora de Meixide) non é visible até estar ao W verdadeiro do faro; que é cando se está libre polo S. dos devanditosImagen3 baixos. Pola parte de sur da ría, deixa de ser visible por debaixo do 205º, o que permite libras sen problemas do baixo de Baia. Foi unha gran axuda para todos os navegantes o establecemento e de seguro que evitou máis dunha perda nos traizoeiros baixos que están na embocadura da nosa ría. …………………………….. “O proxecto deste faro redactouse en 1860 e saíu a poxa o 12 de abril do mesmo ano cun orzamento de contrata de 98.168,12 reais. Consiste nun pequeno edificio de planta rectangular de 11 x 10,20 metros a torre é tronco piramidal de sección hexagonal e cunha altura de 5,30 metros coroados por un balconciño lixeiramente voado sobre o que descansa a torre grande cilíndrica que, pola súa parte, soporta a lanterna poligonal de 1,60 metros de diámetro con cristais planos e montantes verticais. Os traballos finalizáronse en 1861. O seu aparello luminoso, da casa Sautter, con óptica de 375 mm de diámetro e unha lámpada de émbolo que utilizaba como combustible aceite, posteriormente substituída por unha Maris de petróleo. O custo da lanterna e o aparello ascendeu a 6.197 pesetas. A súa instalación foi realizada a principios de 1862 por D. Feliciano Mariño. (Nota do Instituto de Hidrografía. Ano 1862). “Está situado na Punta do Queixal do monte Louro, a 82º E da cúspide do mesmo, na embocadura da ría de Muros. Ten as seguintes características: Aparello catadióptrico de 5ª orde. Luz fixa branca. Alcance en estado ordinario da atmosfera 10 millas. Latitude 42º 44´10″ N. Lonxitude 2º 51´45″ Ou de San Fernando. Elevación do foco luminoso sobre o nivel do mar 27,5 metros sobre o terreo 8 m. A torre é hexagonal, da cor claro do granito do que está construída, e a lanterna octogonal branca; está unida á habitación dos torreiros, a cal é rectangular e pintada de branco con ventás verdes. ACESO O 15 DE XULLO DE 1862.” Por aplicación da reforma do Plan de 1902, en 1019 realízase un proxecto de reforma do aparello, axustándolle un xogo de pantallas xiratorias accionadas por unha máquina de reloxaría, conxunto que se adquiriu á empresa Maquinista Valenciana. A característica resultante quedou así en grupos de 4 e 1 ocultacións brancas. Así permaneceu ata o 18 de abril de 1949 en que se substituíu a lámpada Maris por un sistema de acetileno composto por un destellador AGA con válvula solar e queimadora de 25 l/h. Ao tempo se lle cambiou a característica a grupos de 2 + 1 escintileos brancos e 12 millas de alcance. Isto significou a supresión do persoal que o atendía, agregándose o servizo ao do faro de Rebordiño, onde lle situaría a residencia do técnico. Actualmente encóntrase electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica fornecida por seis módulos de 75 W/p Reforma esta realizada a principios do ano 1993.”

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s