Son Jesús Sande Caamaño,. Nacín en Muros na Calle Aurora (creo que ahora lle chaman Rúa dos Fornos). Meus país foron Manuela e Jesús. Estou felizmente casado con María Lamela que e de Ventín., e teño un fillo e unha filla, que xa me deron duas netas. Marchei para os EE.UU, no ano 1972, e resido no estado de Ne Jersey. Agora estou xubilado e paso algo mais de tempo en Muros. Ata fai uns meses tivén un barco de pesca que se chamaba MUROS. Puxénlle o nome de Muros, na honra do pueblo que me veu nacer. Agora teño outro barco que se chama María-Noel, que e o composto dos nomes das duas miñas netas, que son o meu gran tesouro.
Nota: Pois igual que a Manolo Varela, a foto fíxoma Manolo de América, que vamos… xa pode ir cambiando de cámara, que a que ten, a todo o mundo saca feo ¡¡¡.