P/ Joaquín Vilar Gómez
son pesco muradán,
a beira do Cuncheiro
perto de Carcamán.
Nasín co seseo,
mamei da gheada,
dijo:arroas, samburiña,
arghaso,ghamela
e gholpe de mar.
Tamén: boliche, xeito,
estrobo, salabardo,
lembransas de feito
do meu tío Bernardo (da papeira).
Se vou non bou, vou… e senón
víndeme a buscar!
ou nun bote a remar.
Xa vin o Monte Louro,
pasei o Neixón,
rompía a Boughiña
«non quero quiñón».
Collín uns peixiños,
tirei do trasmallo,
rompeume o risón
«róncalle o carallo».
Chicote, proa, cope
patela , nasa, norai
batea, poutada, morto:
na praia de Ghodai.
Ghalipó…chapapote…
ghabeta…bote.