Velliña frente ó mar ( testemuña de esperanza )

foto da vellaPor Joaquín Vilar
Es NAI silandeira,
curtida na espera,
daquel que se marcha,
do que nunca chega.

Es VIÚVA de náufragos,
no mar soterrados,
e tamén dos vivos
polo mundo espallados.

Es MULLER de néboa,
pouco tempo compartido,
de home navegante e mariñeiro,
frío alento recibido.

Es AVOA de arrugas,
vestida de sabios consellos,
a da mirada perdida
entre farrapos vellos.

Só quedas Ti,
e Ti es todas:
nai, viúva, muller, avoa…
cen mulleres nunha soa!

Adicado os mariñeiros muradáns de onte, de hoxe, de sempre…

Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario