¿Qué factores fan ao músico…? ¿o xenio ou o estudo?

p/ César Acuña Rios   (Director da Escola Municipal de  Música de Muros)
“O músico nace, non se fai”. Dise que o talento musical hérdase e que, se se carece del, non é posible triunfar cun instrumento. Non existe evidencia de semellante tese. A capacidade técnica inclúe unha coordinación motora e unha soltura que facilitan a execución de pasaxes rápidas sen titubeos. Con todo, os bos músicos son algo máis que uns técnicos e engaden uns efectos expresivos tales como cambios de medida, de velocidade, matizacións Músico 1no fraseo, etc. Estes efectos axudan a comprender a música.Nalgúns medios musicais considérase a expresividade como o “xenio” do intérprete, pero as diferenzas de capacidade expresiva poden ser froito dun “talento innato” ou da práctica. O mito do talento. – Os factores culturais, non os biolóxicos, son causas do virtuosismo musical nas nosas sociedades.- O triunfo na música non sempre é de orixe familiar. Pódense lograr resultados extraordinarios en nenos/as sen antecedentes musicais- A maioría dos grandes artistas non foron nenos prodixio, non mostraron indicios de ser unha promesa e tiveron que practicar nos seus instrumentos durante moitos anos.- Non existen exemplos de logros no ámbito musical que non foran precedidos por moitos anos de intensa preparación. Tamén no caso do nenos prodixio.- O “bo oído” considerouse un talento innato cando, de feito, é unha característica dos 2/3 da poboación. Como se desenvolve a capacidade musical? – Hábitos infantís: As experiencias infantís teñen unha importante influencia no desenvolvemento da capacidade musical. Os estímulos familiares (cancións de berce, bailes), crean certas disposicións para o exercicio musical.- Altos niveis de estudo: Os mellores violinistas practicaron durante 10.000 horas ao chegar aos 21 anos, é dicir, o dobre de tempo dos seus compañeiros menos capaces.- Influencia do estímulo familiar: a actitude dos pais é fundamental. Moitos nenos teñen o curioso sentimento de considerarse “músicos” grazas ao apoio familiar. Naturalmente a actitude oposta ten efectos negativos.- Influencia dos profesores: os nenos adoitan cualificar aos seus mestres segundo a simpatía, graza, camaradería e agarimo que lles demostran, en contraste con quen lles fixeron sentirse humillados e desalentados durante as clases. Non negamos a importancia da herdanza nin a súa influencia no comportamento humano. Pero os humanos compartimos o 99% do material xenético e a capacidade musical é característica da nosa especie. Os dotes musicais dependen dunha serie de xens específicos que constitúen “o talento musical”. Descoñecemos cal é o material xenético que inflúe en tales dotes e nas diferenzas que se manifestan entre individuos a través do pensamento musical. Por outra banda, existen numerosos testemuños científicos que nos falan da influencia da práctica na capacidade musical.

Esta entrada fue publicada en Música y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario