Coma os dous de Emaús…

p/ Domingo Juan Barreiros Lago
Coma os dous de Emaús, foron subindoPicture7
Por camiños cansados costa arriba;
Pedregais costaneiros, onde a chiva,
Noutros tempos, subía ó ir fuxindo.

Coma os dous de Emaús, foron saíndo
Das terras do Rial, memoria viva,
Onde eles, nun pasado, a iniciativa
Tomaran de a outros mundo irse abrindo.

Coma os dous de Emaús, na súa lembranza
Ía el no medio deles ó chegaren
Ós Carrís coa conversa, doa a doa.

Coma os dous de Emaús… A tarde avanza,
Pero aínda non é noite, ó acadaren
Os vellos petroglifos da Alta Eiroa.

(Domingo Juan Barreiros Lago)

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s