p./Jorge Lago de Pexejo,
Antonio Rey é porteño nacido en Bos Aires. ¿Por qué esta entrevista a un Arxentino? Ben, a resposta é clara e dá él no seu libro «Son Galego».
Antonio Rey: _Conxuro
Crecín e aprendín a descodificar o mundo en clave galega. Coexistiron na miña mente dúas paisaxes: a cidade na que moraba e maila aldea, feita carne na presencia inefable do meu avó.
Bos Aires na chaira, San Xián no val.
Foi natural para min escoitar dos beizos do meu avó expresións propias do lugar da súa nenez: » ferve o pote», «mata o candil»…
Non necesitei ver a figueira na que aganchaban os rapaces de alá, nin ver os porcos e demais animais. Tampouco as hortas, lugar das patacas e o millo.
Cada palabra galega foi un concepto, a garantía da existencia doutro universo alén do mar.
Agora é a miña ocasión: son un elo máis na cadea. Rexistra-la historia dos meus é unha doce obriga. Face-lo na nosa língua, un verdadeiro honor. Ben sei que a memoria é o conxuro da morte.
» Son galego» Antonio J. F. Rey
J.L. _ Antonio, ten que haber algo máis que unhas simples frases que escoitaches en galego do teu avó como o de «ferve o pote» ou «mata o candil» “A qué se debe que alguén separado por dúas xeracións da súa terra ancestral siga sentindo nas súas veas correr sangue galego?
Antonio Rey: _ Cando tiña seis anos morreu a miña avoa (nada en Asturias) e o meu avó, Juan Antonio, veu vivir connosco. Dende ese momento e por máis de vinte anos vivimos na mesma casa.
A miña nai morreu cando eu tiña once anos e por iso a súa figura foi central na miña vida.
El foi máis que un avó polas características persoais. Foi un home bo, traballador, honrado, doce, agarimoso.
Crecín a carón do seu consello e escoitei marabillado as historias da súa Galicia, que fixen miña cando morreu.
J.L. :_ Naciches e creciches en Arxentina e o teu galleguismo foi inspirado polo teu avó na súa maior parte, pero falas e escribes en galego coa soltura dun nativo e iso non é o habitual nunha terra que a pesar de albergar o maior número de galegos na diáspora do mundo, o castelán foi sempre o modo normal de comunicación. Ademais dende os anos 60 non houbo practicamente novas remesas de emigrantes de Galicia a Arxentina, polo tanto e á forza, o galego como lingua non ten a puxanza de antano. ¿Cómo aprendiches a falar e escribir en Galego?
Antonio Rey: _No meu fogar, a oralidade foi natural entre o meu avó e min. Cando morreu fiquei orfo de galeguidade. Ninguén na casa agora falaba galego. Necesitei facer a viaxe a Galicia e descubrín o mundo desexado, a realidade que preanunciaban as testemuñas do avó. Despois desa viaxe podo decir que non fun a mesma persoa.
Fixen dous cursos de lingua galega no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires.
Participei na Asociación Cultural Fillos de Galicia, e ata fun o seu Delegado en Sudamérica por varios anos.
Escribín e publiquei un libriño: “Son galego”. Necesitaba expresar o meu sentimento de pertenza ao pobo galego e á cultura galega. Despois comecei facer os ciclos dos Lectores Galegos en Bos Aires.
http://www.blogoteca.com/lectoresenbosaires/index.php
Unha das cousas máis interesantes que fai o home é nomear as cousas, e facelo na lingua dos ancestros foi para min unha obriga.
Por outra banda, tiven a sorte de vivir na “Quinta Provincia Galega” onde puiden atopar elementos para “exercer” a miña galeguidade.
J.L. _ Non deixa de fascinarme o feito de que mantiveses inalterable a tua galleguidá pois aínda vivindo como tí dis na “quinta provincia galega”, na túa casa xa nin siquera se falaba galego despois da morte de teu avó. Dígoo por que a falta de emigración cara ao teu país decaeu e só algúns como ti poden ou queren manter esa chama cultural viva. Ademais da inquietude individual, ¿ Cres que os centros galegos, casas Galicia e outras institucións culturais foron a pedra angular que mantivo o edificio da galleguidá? Se é así; ¿Seguen sendo importantes ou están a sufrir o efecto da distancia sendo cada vez menos relevantes?
Antonio Rey: _Os centros galegos fixeron o seu. Eu puiden participar de eventos culturais neles. Conferencias, xuntanzas gastronómicas, musicais. Mesmo fixen cursos de lingua galega e consultei bibliotecas.
O meu avó e o meu pai foron atendidos no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires.
Penso que aínda son importantes porque permiten desenrolar moitas actividades para os que están lonxe da terra.
J.L. : _ Eu penso que Arxentina beneficiouse enormemente da emigración galega en particular e a do resto de Europa en xeral; italianos, alemáns, galeses, escoceses ,armenios…Teño a sospeita de que o comportamento dos galegos foi diferente a doutros grupos étnicos en canto á súa obstinación por manter vínculos coa súa terra ancestral. Dende Tucuman ata a Patagonia, onde residisen máis de dous galegos xa nacía a necesidade de crear algún tipo de asociación benéfica ou cultural. ¿ Pódesnos dar a túa opinión sobre o porqué dese comportamento que ademais non é único en Arxentina senón que se repite en todas as cidades do mundo onde o galego puxese pé?
Antonio Rey: _ Non son sociólogo, mais penso que os emigrantes galegos non perderon a súa identidade e por iso celebraron a súa galeguidade nos centros.
A estabilidade emocional que da saber quen é un e de onde vén permitiu a moitos progresar na adversidade e emprender negocios comezando dende os postos máis baixos da escala social.
J.L. : _ Ti es “criollo” se os hai, ¿Chamáronche algunha vez despectiva ou amablemente «Galego”, “Gaita” ou algún termo parecido?
Antonio Rey: _ Cando estudaba, algúns chamábanme “gallego” que foi o alcume que levou o meu pai ata a morte, mais nunca sentín a descualificación, quizáis porque eu mesmo sentía que levaba un tesouro comigo que ninguén te pode roubar (refírome á nosa cultura milenaria).
JL:_ Supoño que cando creciches na túa casa se celebraban de cando en vez as excelencias da gastronomía galega. ¿Aínda alternas comer “criollo” con comer galego?
Antonio Rey :_ Na miña casa non xantábamos a miúdo a cocina galega.
Agora aproveito as xuntanzas que facemos entre fillos e netos de galegos para disfrutar dos seus pratos.
Gustanme moitisemo os mariscos e en especial o polbo.
Aínda que fóra do tema, quero que saibas que «consumo» con moita ledicia as «nutricias» páxinas da literatura galega. O xantar alimenta o corpo e a lectura a alma.
JL:_ Segundo me contas, o teu irmán e ti levastes ao voso pai a coñecer a terra dos seus antepasados e o e que foi un encontro con primos, familiares e a casa de pedra da aldea. Cóntanos o que significou para él e para vós esa experiencia.
Antonio Rey:_ Eu viaxei a Galicia por primeira vez no ano 2000, mais a viaxe do ano pasado foi moi especial porque fun co meu pai e o meu irmán. Ningún deles coñecía a terra.
A ledicia do meu pai levouno ata as bágoas. Coñecer á familia e camiñar polos currunchos onde naceran os seus foi moi emocionante.
Foi unha sorte facer a viaxe porque aos cinco meses dela o meu pai morreu.
Penso que levou no seu corazón os sons, imaxes e cheiros da terra das súas orixes.
JL: _ Tamén mencionas que no arquivo da Parroquia de San Estevo de Abelleira te encontraches con que xa os teus bisavós e tataravós vivían naquelas terras, polo tanto non é de estrañar moito que a estirpe galega se siga manifestando en ti. Tes catro fillos que supoño naceron en Arxentina. ¿É posible que neles, xa separados por tres xeracións de Galicia conserven algo desa galeguidade que tí mantés?
Antonio Rey:_ Direiche que os meus están naquelas terras dende finais dos 1700, é dicir dende os bisavós dos meus tataravós.
Os meus catro fillos son arxentinos e saben que Galicia ten moito que ver con eles (de feito os máis pequenos son tamén españois) , claro que a sinten máis lonxana ca min.
J.L. _ Case que para rematar che deixo estas preguntas de Bernard Pivot.
1. J.L_ ¿Cal é a túa palabra favorita? ledicia
2. J.L._ ¿Cal é a menos favorita? odio
3. J.L._ ¿Que emociónate? un son de gaita
4. J.L._ ¿Que son ou ruído gústache? o das ondas do mar
5. J.L._ ¿Que son ou ruído detestas? o ruído dos coches no centro da cidade
6. J.L._ ¿Cal é a túa imprecación favorita? me cago no demo
7. J.L._ ¿Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer? gaiteiro
8. J.L._ ¿Qué profesión rexeitarías facer? enterrador
9. J.L._ Se o ceo existe, ¿Que te gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais? «pasa, Antón, vai ver a Ría…»
J.L: _Antón: Foi un pracer ter este encontro virtual contigo. Muros e Galicia pódense sentir orgullosos de que os sigas mantendo como algo teu.
Para min, a experiencia foi gratificante e reveladora pois reafirma que ese algo que seguimos sentindo pola nosa terra non é un sentimento pasaxeiro e que pode seguir contigo a pesar do tempo e a distancia. O teu relato fixo tamén que me remontase aos anos dunha adolescencia que pasei ao outro lado do “Rio de La Plata” e que recordo con agarimo. Un sincero agradecemento e unha fraternal aperta dende os E.U.A.
Antonio Rey:_ Tamén foi un pracer para min, Jorge. ¿Sabes? o meu pai naceu no Uruguai porque os primeiros tempos os meus avós tiñan un almacén en Montevideo
Unha aperta.
Buscador interno
Fotografías
Categorias
-
Entradas recentes
- O OFICIO DE SANCRISTÁN EN MUROS
- A voz dos nosos poetas
- MÁIS DE OITO SETAS COMESTIBLES
- FRIAXE GLACIAL
- DATOS DE INTERES
- A voz dos nosos poetas
- Dúbidas do Galego: Lívido e libido
- Iglesia de Santa María do Campo (II)
- Curiosidades muradanas Mariñeiro agredido con un bastón, no ano 1754
- A prensa de 1960: Toma de posesión da Alcaldía de Muros do Dr. D. Fernando Rey Hermida e homenaxe ao anterior alcalde, Don José María Monteagudo Romaní”
- Publicidade muradana de 1961
- O Xuíz e os touros
- Novas de onte de novembro de 1912
- Muros: Resultados das eleccións de 2019
- Pedras ilustres da capela de San Pedro
- Fonte do Faro
- Cruceiro da Capela de Santa Cruz
- As comuñóns de 1910
- Corporacións de Muros 1979-2019
- Las Ordenanzas para la Villa de Muros dadas por el Arzobispo D. Lope de Mendoza (Noticia de los primeros regidores)
Etiquetas
- Abelleira
- Abril-2013
- Abril-2014
- abril-maio-2015
- Abril-maio-2016
- Agosto-Setembro - 2013
- Agosto-Setembro-2014
- agosto-setembro-2015
- Agosto-Setembro-2016
- Agustín González López
- Alfonso Pouso
- Alianza Uhía Patiño
- Amado Barrera
- Amador Martín Armesto
- A nosa Xente
- A Nosa Xente na diáspora
- Antonio Rey
- Antón Lameiro
- Bernardo Barreiro
- Blanca Fachado Lorenzo
- Capela do Carmen
- Capela dos Remedios
- Cartas da Redacción
- Cintia París
- Colexiata de Muros
- Convento Louro
- César Lorenzo Gil
- Decembro-2013
- Decembro-2014
- Decembro-2015
- Decembro-2016
- Domingo Juan Barreiros Lago
- Dra. Castiñeira
- Elena Barrera
- Elixio Vieites
- Emilio Xosé Insua
- Esmu-Carnota
- Esteiro
- Faltriqueira
- Febreiro-2014
- Febreiro-2015
- Febreiro-2017
- febreiro-marzo-2015
- febreiro-marzo-2016
- Francisco Abeijón Núñez
- Francisco Carantoña Dubert
- Francisco Javier Mayo Veloso
- Gonzalo Brea Romaní
- Henrique Monteagudo
- Historia
- Inés Monteagudo Romero
- Isidro García Dubert
- Joaquín Caamaño
- Joaquín Vilar Gómez
- Jorge Lago de Pexejo
- José Antonio Lago Lestón
- José Manuel Bermúdez
- José Manuel Formoso Luces (Porrúa)
- José María García Rodríguez
- José Vazquez Rama
- Juan Jesús Gestal Otero
- Longarela de Louro
- Louro
- Luciano Piñeiro González
- Luis Villar
- Maio-2013
- Maio-2014
- Manolo de Lajo
- Manuela Lado Lestón
- Manuela Tajes
- Manuel da Roura
- Manuel Lago Alvarez
- Manuel M. Caamaño
- Manuel María Pena Silva
- Marcelino García Lariño
- Maria Nieves Formoso Vidal
- Marisé Luces Tajes
- Marzo-2013
- Marzo-2014
- Marzo-2015
- María Luz Pérez Quintela
- Muros
- Música
- Novembro-2013
- Novembro-2014
- Novembro-2016
- Octubre-2014
- Octubre-2016
- Octubre-novembro-2015
- O Rumial do Campo das Cortes
- Outubro-2013
- Outubro-2014
- Pablo Andrade
- Pedro Caamaño Lago
- Pozo do Cachón
- Quín Muros-Negreira
- Ramón de Artaza Malvarez
- Ramón Martínez Caamaño
- Ramón Siaba Vara
- Revista TMT
- Ricardo Castillo
- Rioderradeiro
- Santiago Llovo Taboada
- Serres
- Setembro-2013
- Tal
- The Muros Times
- TMT
- Torea
- Videos
- Xaneiro-2014
- Xaneiro-2015
- Xaneiro-2017
- Xokas Figueiras
- Xullo-2013
- Xullo-2014
- Xuño-2013
- Xuño-2014
- xuño-2015
- Xuño-Xullo-2016
-
Únete a otros 54 suscriptores
Arquivos
Estatísticas do blog
- 181.127 visitas
Comunidade