A voz dos Nosos Poetas: AREA MAIOR

p/Marcelino García Lariño

Picture34AREA MAIOR

Area Maior, lembranza

da mocidade fuxida,

de cando eu aquí axexaba

surca-los barcos a ría.

Area Maior, preciosa

de noite coma de día,

silandeira ou ruidosa,

ti es sempre unha marabilla:

inspiración de poetas,

paisaxe de fantasía.

(Marcelo García Lariño)

Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario