A defunta

p/ Marcelino García Lariño

Unha moza de Lariño, no concello de Carnota, chamada Malena, casouse cun veciño noso da Virxe do Camiño, e veu vivir a Muros á casa da sogra que eraImagen1 viúva.

Malena era moi noviña, moi xeitosa por certo, traballadoriña e foi e aínda o é moi boa veciña, moi acudidora e moi da súa casa que ninguén lle ten que dicir. É un modelo de rapaza.

Ós poucos días de vir para a Virxe, para casa da sogra, cando aínda Malena a penas coñecía ós veciños e menos aínda ás xentes dos outros lugares, petáronlle na porta da casa. Malena foi a abrir e atopouse cunha muller que traía un bolso. O aspecto da recente chegada era máis ben de persoa achacosa, doente ou eivada, coa face entoucada, lúgubre, sombriza cunha cor esbrancuxada, pálida coma a dunha encoveirada.

A mociña, ¡miña almiña! que é moi sensible e educada, mandouna pasar e coidando que era unha pobre condoeuse dela e díxolle que agardase un Imagen2momento. Pero a muller que acababa de entrar abriu o bolso e del sacou unhas prendas de roupa de muller e rogoulle con elas. Ela, a Malena, díxolle que non necesitaba nada do que a muller lle ofrecía. Mais esta preguntoulle:

–¿Non está túa sogra na casa? Dille que estou eu aquí que veño por ela.

–¿Daquela, vostede quen é?– inquiriu a rapaza.

–Eu sonche “A Defunta”.

Negra cousa lle dixo. A boa e santa da rapaza deu en berrar coma unha tola –calquera faría o mesmo, ¿non si?–, dicindo:

–¡Miña sogra non baixe. Que xa ten aquí a morte agardándoa!

Efectivamente a vendedora era desta parroquia onde todo o mundo a coñecía polo alcume de “A Defunta”.

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s