Carta da Redacción: Abril-2014

Carta da Redacción:

Picture1O sol escomenza a pórse
Orade, dí a campá ¡

Somos un pobo que vive do mar e para o mar. Somos terra de aguerridos mariñeiros que o longo de centos de anos buscaron e buscan o sustento para os seus, adentrándose en perigosos mares, pero moitas veces, ese mar, que e fonte de sustento de moitas familias, cobra terribles tributos, e o fai en forma de vidas humanas. Calquera traxedia no mar non e só un mal para as familias mais directamente afectadas; e todo un pobo o tocado, porque un pobo como o noso síntese solidario sempre, é mais aínda cando os seus son os protagonistas.
O mirar atrás, os que xa vamos tendo anos podemos recordar, e recordamos con amargo dor, traxedias e mais traxedias que sembraron de dor e loito a moitas familias; que truncaron anhelos i esperanzas; que deixaron viúvas e orfos, pero fronte as traxedias, o que hai que facer, aínda que coste, e loitar polo futuro enfrontándose a vida con mais ganas que nunca. Custará facelo; sabemos que e difícil, pero será unha maneira de dicirlle ós ausentes, que o seu recordo perdurará por sempre.
Dende The Muros Times, vaia por diante o noso mais profundo sentir e pesar pola traxedia do pesqueiro muradán Santa Ana. Gustaríanos que nunca mais tiveramos que escribir textos como estes. Oxalá sexa posible ¡.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cartas da Redacción y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s