A celebración da festa do traballo na Ría de Muros

p/ Francisco Abeijón Núñez.

A celebración do primeiro de Maio como día festivo dos traballadores, en conmemoración da morte dos mártires de Chicago, remóntase a finais do século XIX. A festa xurdiu na memoria daqueles seis obreiros da fábrica de maquinaria agrícola McCormik que foron asasinados en 1886 pola policía americana cando estaban nunha folga pola reivindicación da xornada laboral de 8 horas. Imos debullar hoxe os inicios da celebración desta festividade obreira na Ría de Muros, remontándonos ata o ano de 1918. Moi posiblemente non foi ésta a data da primeira celebración do 1º de maio na nosa comarca, pero é a máis antiga da que teño un coñecimento documentado. Imos falar hoxe da celebración do 1º de maio de 1918 no Cruceiro de Roo, concello de Outes, no seo do sindicato socialista dos carpinteiros de ribeira.
Picture15Foi a denominada Sociedad obrera de construcción naval de la ría de Muros a que en 1918 se dispuxo celebrar unha xornada festiva durante o primeiro de maio. Para esto elaboraron un programa de actos e acordaron en asemblea que ningún dos seus asociados fose ese día a traballar. Mesmo impoñendo sancións económicas a aqueles traballadores que, reacios a perder o xornal dun día, non respetasen o acordo do sindicato e fosen ese día a traballar.
Os actos previstos polo sindicato xiraban en torno a unha manifestación pola vila da Serra de Outes que ao cabo non se puido celebrar por non dispoñer da correspondente autorización municipal. O alcalde de Outes negouse baixo o pretexto de non se poder responsabilizar por calquera desorde que poidera producirse durante a manifestación.
O sindicato dos carpinteiros de ribeira, dirixido por Manuel Saafigueroa natural de Roo, viña de manter unha importante loita obreira pola consecución dunha xornada laboral de 9 horas e por un aumento do 50% no xornal diario dos traballadores. Tratouse dunha reivindicación que contou coa frontal oposición dos maestros dos talleres e que provocou a folga e a parálise da construcción naval en toda a ría de Muros no período que vai do 1 de marzo ao 23 de abril de 1918. Debido ao peche dos talleres o conflicto resolveríase pola iniciativa dos propios armadores. Os que aceptando as condicións obreiras e asinando o prego de condicións elaborado polo sindicato conseguirían a volta ao traballo para poder finalizar en prazo os barcos que xa tiñan iniciados. Os armadores deran este paso á fronte polo prexuízo que lles causaba para os seus negocios a paralización completa da construcción naval da ría de Muros. A posterior aceptación das reivindicacións obreiras tamén por parte dos maestros dos talleres poñería fin inicialmente a este conflicto, que acabaría resolvéndose na xustiza. Pero este asunto debullarémolo noutra ocasión.
Satisfeitos pola recente e histórica victoria sindical. Os obreiros tiñan moitas ganas de celebrar a festividade do primeiro de maio con unha demostración pública da forza sindical. E a pesar da falta de colaboración mostrada pola corporación municipal outense, a sociedade obreira organizou un intenso programa festivo no que destacou sobremaneira a marcha pública da comitiva pola carretera dende a Serra ata o Freixo, para rematar con un mitin no local social do Cruceiro de Roo. Encargáronse para a súa venda 100 exemplares do periódico El Socialista. E tampouco faltaron, como en toda festa que se precie, varias ducias de bombas de palenque. Así como os acordes da banda de música de San Orente. Dase a curiosa circunstancia de que a maioría dos asociados preferían para ese día outra banda de música con máis sona: a banda “La Barreira”. Pero debido a que naquela agrupación había varios membros que fixeran de esquiroles durante a recente folga da construcción naval, a contratación de “La Barreira” non sería posible pola impugnación da maioría da asemblea do sindicato.
Finalmente a festa rematou na casa que o sindicato tiña no Cruceiro de Roo con discurso pronunciado por un coñecido dirixente socialista, fundador do sindicato nacional ferroviario: José Gómez Osorio. Este sindicalista, que protagonizou a celebración do primeiro de Maio de 1918 na ría de Muros, andado o tempo -nas postrimerías da guerra civil- chegaría a ser gobernador civil de Madrid e último presidente da executiva do partido socialista antes de encetar o exilio postrepublicano.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s