As rúas da Vila

p/ José Manuel Formoso Luces (Porrúa)

Teño andado por moitas rúas de vilas como Muros, pero como as nosas ningunha. E non é pasión de muradán; é, simplemente,que as nosas son moito mais bonitas. Tan só os seus nomes xa merecen unha mención especial.

Qué vila pode presumir de ter entre os nomes das súas rúas; uns que nos lembran a alegría da vida, como esperanza, salud, salero, paz, recreo, gracia, rosal, descanso,etc, e outros tan significativos como, calvario, amargura, soidade, paciencia, etc. É que somos únicos.

Outros nomes de rúas, por unhas ou por outras causas, fóronse quedando atrás. Nomes que quedaron no recordo dos muradáns foron: Prim, Cardenal Cisneros, Buenos Aires, Villa de Bilbao, Dr.Novo Campelo, etc.

O que eu e moitos botamos de menos, e que non se adiquen rúas a persoeiros da Vila (que tivemos e temos moitos), que ben merecerían que o seu nome, para lembranza das xeracións futuras, quedara impreso no rueiro de Muros.

Imagen1Imagen2 Imagen3 Imagen4 Imagen5 Imagen6 Imagen7 Imagen8

Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario