As tallas da Capela do Carmen

p/ Manuel Lago Álvarez

O amigo Xosé Manuel Porrúa tróuxome unhas fotos de dúas imaxes que estaban na capela do Carme e que por mor das obras de recuperación que escomenzaron estes días, trouxéronse para a parroquial. As imaxes colocáronse no altar do Corazón  Imagen1de Xesús e correspóndense coas que presidían os retablos laterais existentes na capela do Carme.

A primeira delas e unha imaxe do evanxelista San Marcos. Con cara tenra, barba e bigote e ollos ben proporcionados e serenos, a talla feita en madeira policromada é de tamaño medio.

O evanxelista sostén no seu brazo esquerdo un libro e aos seus pes descalzos, a cabeza dun animal, que aínda que algo terioforme, semella sen dúbida a un león, símbolo por excelencia do evanxelista Marcos.

A segunda imaxe, xa non foi tan fácil identificala. Tamén de tamaño medio, representa a unha persoa maior con longas barbas, falto de pelo na cabeza, co torso espido, e que sostén na súa man dereita algo así como unha peza paralelepípeda que poderá imitar unha pedra ou un anaco de pan ben cortado.

A túnica da imaxe resulta remontada de cintura para abaixo, deixando as pernas espidas, co singular de que a perna esquerda está dobrada hacia atrás, descansando a rodilla sobre a cabeza dun león, que semella grandemente ser do mesmo tamaño e feitura que a cabeza do león da outra escultura.

Para identificarImagen2 a imaxe o primeiro foi descartar que se tratase doutro evanxelista, porque tan só San Marcos está representado polo león. Aos outros evanxelistas represéntanse por: A San Xoán, un aguia; a San Lucas un toro, e a San Mateu un anxo.

Posto a rebuscar na vida dos santos para dar nome ao santo que representa esta escultura, topeime con varias nos que o león ou leóns tiveron algo que ver nos seus andares por este mundo. Ao remate quedeime con San Antón abade, e paso a explicar o porqué.

San Antón Abade foi un monxe cristián que viviu no século IV. O relato da súa vida, transmitido principalmente pola obra de San Atanasio ten elementos históricos e outros lexendarios. Outro historiador de San Antón foi San Xenaro, que na súa obra “Pablo el Simple” (un famoso anacoreta), conta que Antón foi a visitalo na súa idade madura e que o corvo que, asegún a tradición, alimentaba diariamente a Pablo entregándolle una fogaza de pan, deu a benvida a Antón suministrando dúas fogazas. Á morte de Pablo, Antón enterrouno con axuda de dous leóns; de aí o seu padroado sobre os sepultureiros e os animais.

Vista a historia de San Antón, e a imaxe da que escribía ao principio, na que o santo apoia a súa rodilla na cabeza do león, e que está sostendo un pan na súa man dereita, pois ten tódolos visos de que a talla representa a San Antón Abade.

Por outra banda, as tallas semellan ser feitas polo mesmo autor. Son barrocas, do século XVIII, e pola súa feitura estilizada, polo abundante da policromía na talla de San Marcos, e singularmente polos rostros pequenos, ben puderan ser feitas polo artista compostelán José Gambino, quen foi un dos grandes artistas da escola do barroco compostelán, e sogro doutro grande artista da mesma época, José Antonio Ferreiro.

Pero, pero… os datos do león e a fogaza de pan que creín concluíntes, non o son. A imaxe correspondese coa de San Xerónimo, tamén anacoreta durante 35 anos nunha cova perto de Belén. A presunta fogaza de pan non e tal; é unha pedra coa que o santo se mortificaba dándose golpes no peito, e o león, unha representación do animal que o santo curou e que agradecido o acompañou ata a súa morte. A diferente iconografía relativa a San Xerónimo así o mostra: medio espido; con unha pedra na súa man dereita; unha cruz na esquerda, e o león aos seus pes.

O que non me resultou moi claro foi o porqué da presenza da talla deste santo na capela do Carme. Normalmente as igrexas e capelas teñen santos e santas polos que a devoción popular sinte predilección, pero buscando fun quen de atopar algúns documentos que fan referencia aos fundadores.

A construción da capela do Carme dátase no ano 1767, pero ata o de agora non se dou topado o escrito de fundación e as “mandas”, que este pudera conter. O que sí din foi con unha referencia a un contrato do ano 1783, feito en Muros entre Don Fernando María Carantoña Oca e Mendoza, Conde de Medina y Contreras, veciño de Noia e Don Simón Malvarez, a quen o devandito contrato señala como “protector de la Capilla de Nuestra Señora del Carmen”, e aquí o gran dato descoñecido… no contrato faise constar que a Capela do Carmen fora fundada por Don Jerónimo Durán e Don José de Montes. Este contrato forma parte do arquivo notarial de Don Felipe Jacobo García, notario de Muros, no ano 1783.

Aínda hoxe o nome de Jerónimo non e moi habitual nas terras de Muros, pero aí está como fundador da capela e por ese feito… do mais normal e habitual nas fundacións de capelas que os seus promotores as dotasen de imaxes dos seus santos de cabeceira. Quédome con esta explicación a espera de que algún día apareza o documento de fundación da capela, onde estarán refrexadas as “mandas”, que de bo seguro tamén farían referencia a colocación dunha imaxe de San Jerónimo na Capela do Carme.

Anuncio publicitario

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s