p/ Manuel Lago Álvarez
Entrando pola porta principal da parroquial de Santa María do Campo de Muros, a man dereita, achegada ao fuste dun dos arcos carpaneis que sosteñen o coro alto, atopámonos con unha pila de auga bendita. Labrada en pedra, con forma de cáliz, e de estilo románico, esta pila, agora situada entrando a dereita, nalgún tempo estivo colocada no lado esquerdo, como así o amosa unha fotografía de principios dos anos vinte do século anterior.
Formando parte do labrado da pedra, a pila ten no seu interior a alegoría dunha serpe. Ben conservada, enroscada en espiral, a cabeza da serpe mira ao interior da nave, en directo ao este, onde se atopa o presbiterio co seu altar maior.
Non é que a pila románica de Muros sexa única, pero si que chama a atención o feito da serpe dentro dela, polo que cabería divagar acerca das intencións do mestre canteiro que a esculpiu. Unha serpe somerxida nas bendicidas augas podera ter unhas dobres intencións. A serpe sempre foi considerada polo cristianismo como indutora do mal; por ela, Adan i Eva, foron expulsados do paraíso e por elo, Deus a maldixo. («Porque has hecho esta cosa, tú eres la maldita de entre todos los animales domésticos y de entre todas las bestias salvajes del campo. Sobre tu vientre irás, y polvo es lo que comerás todos los días de tu vida» (Gén 3:14).
E así, maldita a serpe, a intención do mestre canteiro non foi outra que ao labrala na pila para que estivera constantemente dominada polo “Ben” que supón a auga bendita, a serpe quedaría proscrita para facer calquera tipo de mal. Esta e non outra sería a intención do artista. Non cabe pensar que no tempo en que a pila foi labrada e colocada no templo, pudera darse a interpretación pagan de que a serpe como animal portador de sabiduría a transmita a través da auga.
Esta teoría pagán sostena o estudioso i escritor Juan García Atienza (1930-2011), no seu libro “Segunda Guía de la España Mágica”, (http://www.gbv.de/dms/sub-hamburg/386943168.pdf)) quen o escribir sobre a nosa pila dí: «la serpiente del Paraíso tentó a nuestros primeros padres ofreciéndoles el fruto del Árbol del Conocimiento, no del Bien y del Mal como se empeñan en traducir los cristianos. Una serpiente en el fondo de la pila no hace otra cosa que bendecirla, transmitiendo el conocimiento a quien se santigua con esa agua lustral y poniéndole en condiciones de captar el misterio con el que va a enfrentarse en el templo».
Estas afirmacións puderan, pero non. A pila poido ser esculpida nos séculos XI-XII; o templo actual foi construído sobre un edificio románico xa existente, e este, como era moi habitual en históricas épocas, en lugar onde se prácticaban ritos e cultos anteriores e posteriores ao Cristianismo. Tamén lembrar que entre os antergos poboadores de Muros se atopaban os “saefes”, (ou sefes,ou ofis, do grego όφις, de onde tamén Ophiussa, terra das serpes) foron un pobo da Idade de Ferro que habitou o sur de Galiza e Portugal e que, mesturándose cos oestrimnios, deu orixe ao pobo galego. ( e de pasada… a esta Ophiusa fai referencia o escritor romano Rufo Afesto Avieno, na súa Ora marítima, na que describe tamén as costas galegas no século IV dc.
Neste poema “Ora maritima”, (146 a 155) cando falando dos oestrimnios (loca et arva Oestrymnios habitantibus), narra como estes foron expulsados das súas terras por unha invasión de serpes:
Retrocedendo polo litoral de Ophiussa
cara dentro e plano, o mar insinuase
e -coma contei antes- internase nas terras, ó que chaman Sardo,
empregándose sete días de marcha a pé.
Ophiussa ten o morro tan para diante saído
canto escoitas que se deita a illa de Pélope
en terras gregas. Esta terra primeiro chamada Oestrímnia
e Oestrímnicos os habitantes destes lugares e campos,
despois do castigo dos serpes puxéronse en fuga
baleirando esta terra ata do seu propio nome.
Si recompoñemos todo o anterior podemos facernos mais coa idea de que a serpe labrada na pila nada transmite, e mais foi a orde dalgún eclesiástico que ordenou que nun lugar no que se adoraban as serpes, se simbolizara de forma expresa o dominio da nova relixión sobre ritos anteriores, e nada mellor que cristianizar a serpe sumerxíndoa na auga bendita.
Fai uns anos, pila e templo de Muros, foron tamén obxeto dunha investigación por parte de D. Epifanio Alcañiz, investigador das enerxías telúricas, quen determinou que: “La Ex-colegiata de San Pedro cuenta con un vórtice de 19500 UB en su interior y uno de 13500 UB* en el crucero de la entrada. El que esculpió la pila… sabía muy bien lo que hacía, al margen de la simbología que se le quiera otorgar a la serpiente enroscada no deja de ser una espiral que energiza el agua que contiene la pila, unas 9000 UB, la calidad biótica del lugar es de 7800 UB” estaríamos pues con un lugar especial con una importante Energía Telúrica».
9000 Unidades Bovis, medidas co famoso biómetro de Bovis, no lugar que ocupa a pila, non é que sexan moitas unidades, pero quédame a dúbida de saber si no seu primitivo emprazamento as unidades eran máis ou menos, ou ben, si as enerxías telúricas desprazáronse de lugar xunto coa pila, aínda que a distancia entre ámbolos dous lugares non é moita.