SOÑO
p/ Agustín González López
Fotografía: Nieves Formoso Vidal.
corre vento de fóra;
vagan luces na Braña,
tose a curuxa rouca…
e polo chan da Granda
vai un home a deshora,
co corazón tremente
como unha escura folla,.
Lonxe as luces de Louro,
vagalumes na sombra…
Cae unha estrela ao mar…
Uns pasos que resoan.
Pola Area Maior
as altas ondas rolan
E un corazón que treme
como unha escura folla.,.