P/ Amado Barrera
Lanzado á mar dentro dunha botella de plástico na costa nororiental dos Estados Unidos, chega a Esteiro aos dez meses de navegar as corrientes oceánicas unha mensaxe de dous rapaces namorados das ondas mariñas.
Paradóxicamente, ao chegare a Esteiro comezóu a non menos perigosa, aínda que a última (que non derradeira) parte, por insegura, do seu tan longo e azaroso viaxe: a botella, de plástico, dobrada xa despois de Deus sabe cántos golpes de mar e contra as rochas e baixo o sol… non tiña tan mal aspecto… para facer de balón: ise foi o uso que lle deron naquela calurosa tarde de Setembro cinco rapaces esteiráns, José Ramón, José Ricardo, Marcos, Ismael e Ángel… ata que un deles decatóuse de que dentro do “balón” había algo. Desenrosca-lo tapón foi imposible, pero en toda panda que se precie hai recursos para case que todo e nunca falta unha navalla. Realizada a urxente cesárea unha mano colleú con certa emoción aquél estrano, enrugado e húmido papel… que semellaba unha carta… en inglés!.
Maldita sexa, despois de case que tres meses de vacacións ningún daqueles rapaciños sabía traducir aquél difícil inglés que, ademáis, era case que ilexible. Bueno, xa atoparemos quen o faga, de momento ímolo gardar… nun “tenis”!!!. O meu gozo nun pozo, debeu de pensa-la mensaxe.
Enton chegóu Noli. Noli ten unha irmá moi estudiosa, seguro que ela sabe traducilo. O papel temblaba coa emoción. Pero… a mensaxe xa case que non era mensaxe: palabras medio invisibles, de trazo esvaído, papel enrugado, medio roto… non era cousa de cinco minutos, xa o traduciremos logo… e logo se va o santo ao ceo, que xa empeza o cole… e o papel vealaí vos quedóu, agochado e agardando nun libro…¿chegaré algún día ao meu destino -o de ser contestado-?… ¿e se ninguén volve necesitar este libro?
Pero -elemental, querido Watson-, aquel libro era o de Inglés!! Un bó día, Noli abreu o libro, levabao a clase dende que empezara o cole, xa facía tres semanas, pero aínda non cadrara por onde o papel agardaba coa toda impaciencia do mundo, pero incapaz de facer nada, e mesmo Noli xa o dera por perdido, que non se lembraba donde o agochara.
De súpeto, alí estaba o papel, suplicando… e o profe de Inglés ía empeza-la clase do día: ¡Había chegado a final da viaxe! (continuará)