p/ Pablo Andrade.
A Igrexa católica venera ao santos pero non os adora. Adorar algo ou alguén fóra de Deus é idolatría. Hai que saber distinguir entre adorar e venerar. A Igrexa respeta as imaxes de igual forma que se respeta e venera a fotografía dun ser querido. En tódalas igrexas católicas hai imaxes pero na parroquial de Muros hainas por ducias e a devoción popular veneraas dende sempre. Unhas imaxes teñen máis xiareiros que outras, pero todas elas forman un conxunto de fe baixo diferentes advocacións. A imaxe máis anterga da que se teñen datos é a de Santa Ana, que foi traída da capela do Carme, e que antes de estar no Carme estaba na igrexa de San Pedro. Moitas das imaxes foron doadas polos fieles como as de San Vicente de Paul e a Virxe dos Dores, doadas por Don Ramón de Artaza Malvarez, ou a da Virxe Milagrosa, doada no ano 1925 polo párroco-ecónomo de Muros, Don Joaquín Malvarez Dubert, e que foi feita nos talleres do artesán compostelán Sr. Otero. Seguramente que houbo moitas mais imaxes doadas polos fieis, pero a falta de datos concretos ou de poder acceder aos libros de fábrica parroquiais, quedémonos co importante: as imaxes están na igrexa a disposición de todos para contemplar ou venerar o que representan ou tamén para admirar o arte co que foron feitas.