GARANTÍA DA CONFESIÓN

p/ Marcelino García Lariño

Atopábame na sala de espera do hospital agardando a que me chamaran á consulta de cardioloxía, cando cadrou a pasar por alí un sobriño meu que estaba de capelán no devandito centro sanitario.

El non se decataba de min; pero eu, que xa o vira de lonxe, agardei a que pasara ó meu carón para dicirlle:

–Bos días, reverendo.Imagen2.png

–¡Ouh padriño! –porque tamén son padriño- ¿E que fas por aquí?

–Veño á revisión.

–Agora levo moita présa, que me están agardando, e logo veño a pé de ti.

Foise o reverendo, e o paisano que estaba ó meu lado preguntoume:

–¿Ese cura que acaba de falarlle é seu afillado?

–Elle si señor. Meu afillado e máis meu sobriño- contesteille.

Entón el, o paisano, díxome:

-Se tódolos curas foran coma ese, ata eu iría á misa.

–¿E iso por que?

–Pois… voulle contar: Eu ingreseille neste hospital cun infarto. Estívenlle moi maliño, moi maliño; aquela conta  máis alá que acá. Tan malo estiven que quixen acollerme a tódalas garantías –que non me daban ningunha– e, polo si ou polo non, que a cousa estaba caio non caio, pedín que me viñera poñe-los sacramentos e facer tódolos doados requilorios. E veu este señor, o que agora acaba de pasar. E confesoume. Pasou o tempo, púxenme ben e marchei do hospital. Mais unha vez vin á revisión, coma hoxe, e atopeime con el no corredor. Pareino e díxenlle:

–Señor cura, ¿faría o favor de confesarme?

–¡Como non! Agora mesmo, veña comigo- contestoume-. E alá fomos á capela. Eu sei que el non me coñeceu, e non é de estrañar ¡confesará a tantos!… Pero cando me estaba confesando debeuse relembrar de min porque interrompeume para preguntar: “¿E a vostede non o confesei haberá sete ou oito meses en coronarias” – “Si, señor”. – “¡Pois lisque de aquí e non me veña dar a lata”! “¿Ou non sabe que as miñas confesións teñen garantía para cinco anos”?

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s