FRANCO, SINCERO E VERAZ

p/ Marcelino García Lariño

Dicía sempre a defunta de miña avoa (a filósofa, non a mística), que soamente os tolos e os nenos din, en todo momento, a verdade. E é ben certo.

Tamén é ben certo que estes curtos de intelixencia, tolos, parvos, apampados ou pasmados, os mais deles, por non dicir todos, collen a teimaImagen1.png relixiosa á que son profundamente afeccionados. A moitos destes desasisados vémolos con moita frecuencia nas igrexas axudando ou colaborando nos cultos que nelas a cotío se celebran. E aínda que na maioría dos casos non sexan retribuídos, non lle importa. Eles confórmanse e gozan co chope honorífico que eles mesmo, sen necesidade de acudir ás oposicións, se asignan.

Aí, nas igrexas, ninguén lle priva a súa colaboración, todo á contra, son moi considerados, estimados e tratados con todo agarimo; por iso eles encóntrase tan a gusto e satisfeitos considerándose útiles e importantes, que en realidade si que o son. Non lle pasa iso, por exemplo, nos concellos ou axuntamentos, que se entra un infeliz destes, aínda que sexa coa maior boa intención de facer algo de proveito, de seguidiña chímpano a rúa, e non sempre de boas maneiras. Desgraciadamente é así.

Pois un destes beneméritos altruístas e filántropos, aínda que subdesenvolvido, évos Xosé de Tiná, da parroquia de Lira, pero coñecido en tódalas freguesías de esta bisbarra e de outras.

Un domingo pola tarde entrou, como tantas veces, na ex-colexiata de Muros, e como adoita facer en tódolos templos da cristiandade nos que entra, foise dereitiño para a sancristía. Ó pouco comezou a santa misa, e o Xosé, coma tantas outras veces, axudou ó párroco no servicio do altar. Rematada a misa, axudou tamén ó celebrante, don Casimiro, a quitar os ornamentos que puxera para a celebración litúrxica, intre este que aproveitou don Casimiro para, por dicirlle algo, facerlle esta pregunta.

–¡Ai Xosé! ¿Cal dos dous predica mellor as homilías, o cura de Lira ou eu?

Respondéndolle moi concienciudo e seguro do que dicía, Xosé,  con esa espontaneidade e veracidade propia dos nenos e desta clase de enfermos mentais:

–Os dous vos facedes moi longos.

—X—

 

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s