p/ Xocas Figueiras
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Petróglifo do Convento sitúase nun pequeno outeiro pedregoso no recinto do Convento de San Francisco de Louro. Está composto por un conxunto de catro círculos concéntricos, tendo o maior un diámetro aproximado de 30 centímetros.
É posible que parte do conxunto desaparecese, pois un dos frades infórmanos de que no século pasado intentou quitarse a pedra para levarse a un museo a Compostela.
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado:
Latitude: 42.763403305
Lonxitude: -9.07498490804
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84