E si Colón estivera en Muros?

p/ Manuel Lago Alvarez

Por un documento conservado nos arquivos da Universidade de Santiago, queda acreditado que en Octubre de 1493, os Reis Católicos compraron en Muros unha nao para que servirá o Almirante Colón, nas súas viaxes ó novo mundo.

Este documento recolle a seguinte anotación de pago: <<122.385 maravedies gastados en avituallar y pertrechar en el puerto de Muros una nao que eimagen1ra de Pedro Yáñez de Barraca y de Juan de Basarra, vecinos de Muros, «la qual nao se entregó con los dichos pertrechos e bastimentos al comendador Gavriel Valera para las entregar al almirante Christoval Colon para yr a las Yndias» se pagan por orden real y nómina de los contadores del reino de Galicia de Santiago, 9 octubre 1493. Más otros 1.935 del salario de 15 al millar que corresponde a los tesoreros de la Hermandad>>

Os nomes de Pedro Yáñez de Barraca e de Juan de Basarra, son os de dous veciños de Muros, que constan na relación de habitantes de Muros dos séculos XIV e XV, e que figuran en documentos existentes no “”Tumbo da Luminaria de San Pedro”.

Pola data do documento (1493) pódese pensar que estes dos navíos formaron parte da segunda expedición de Colón ao novo mundo, na que o Almirante estaría ao mando dunha flota con 17 barcos, 5 naos e 12 carabelas, e con unha tripulación de 1.500 homes, que saeu do porto de Cádiz o 25 de setembro de 1493.  Hai concordancia de datas, pero si pensamos que de antergo as administracións pagaban o igual que agora, tarde e mal, pudera pensarse que estas dúas naves foron as que formaron parte da primeira expedición composta polas las naos-carabelas “la Niña”, “la Pinta” e a “Santa María”, sendo esta última a nao capitana, e da que moitos historiadores coinciden en que antes de chamarse “Santa María”, chamábase “LA GALLEGA”, e que fora construída nun asteleiro das rías galegas.

Tamén coinciden historiadores e biografos do Almirante en que Colón era unha persoa moi meticulosa e que o controlaba todo, ata o punto de vixiar e supervisar tódolos detalles, polo que non e uImagen2.pngn imposible pensar que Colón estivese en Muros para comprobar as características da nave comprada aos muradáns.

Con estes datos, un pouco fe e un pouco de perseverancia, penso que os muradáns podemos presumir de que Muros tivo por visitante ilustre o Almirante Cristobal Colón e si a isto lle engadimos a teoría que que Colón era galego e máis concretamente que era Pedro Alvarez de Sotomaior, coñecido tamén por Pedro Madruga, pois máis, e máis, tendo en conta que Pedro Madruga mandou prender ao bispo de Tui, Diego de Muros I, ao que tivo meses nunha gaiola pendurada do teito da súa celda, pero mal podera ser que Pedro Madruga fora Colón, porque o tal Madruga, a dicir dos historiadores, morreu en Alba de Tormes o 16 de octubre de 1486.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s