REPASO POLA HISTORIA DE ESTEIRO. O ASENTAMENTO DOS CATALÁNS (IV).

Do libro de Santi Llovo «MEMORIA SALGADA DUN POBO»

En maio de 1819 tivo lugar na casa reitoral de Santiago de Tal e do seu anexo de Santa Mariña de Esteiro, unha xuntanza entre os veciños e os cataláns establecidos nesta última localidade. Do resultado da xuntanza levantou acta un escribán de número asignado a Porto do Son que se desprazou ao efecto ao outro lado da ría e que expediu unha escritura chamada de: “Transacción y obligación que otorgan los vecinos de Esteiro con los catalanes establecidos”. Neste documento, os veciños de Esteiro, representados para este acto por “Domingo Núñez, padre político y sustituto de José Caamaño, mayordomo de dicha Esteiro, y con él Francisco Saborido, Domingo Dominguez, Juan Romero, Francisco Gallardo, Juan López, Gerónimo Tubio, Pedro Fernández, Salvador Fontenla, Alberto Ferreiro y Pablo Priegue …. expresan obligación de sus personas y vienes ….. y de otra, José Romaní, José Portals e Salvador Gelpi, catalanes establecidos en la ribera mar, término de dicho Esteiro, que también hacen por sí y por Peregrino Ribas, Cayetano Rutllá y Mariano Romaní, sus consortes y todos juntos respectivamente de man común y de una misma conformidad dijeron: que los dichos catalanes se consideraron perjudicados por las respectivas sumas que en los dos años últimos les cargaron los compartidores de la referida Esteiro y ellos han satisfecho para la contribución general, sin perjuicio de su derecho en consideración a la poca utilidad que le rinden sus fábricas de pesca …. recurrieron al juez…”. Con este documento, ante a probable compulsión xudicial, os vecinos e os cataláns acordaron un diferente reparto da contribución.

En 1826 don Sebastián de Miñano fixo un diccionario “Geográfico-Estadístico de España e Portugal”, do que a continuación se reproduce a portada e o texto do seu interior referido a Esteiro que, entre outras cousas, indica a contribución da localidade. Por outra parte, referíndose a Muros, recolle que “era un pueblo rico antes de establecerse los catalanes y máxime por los aparejos que han inventado y que han arruinado esta industria”. Este comentario nos da unha idea do resentimento que aínda perduraba contra os cataláns.

Imagen1.png

Imagen2.png

Nos negocios entre os cataláns de entón primaba a confianza. En 1828 subscribíronse varias escrituras de recoñecemento de obrigas contraídas con anterioridade, en forma verbal, entre fomentadores cataláns da bisbarra. Por exemplo, en febreiro dese ano 1828 asináronse no Freixo dúas escrituras nas que D. Cayetano Rutllá e D. Salvador Gelpi, de Esteiro, recoñecían que Félix Batista, industrial do Freixo, lles prestara con anterioridade 12.000 e 8.000 reais repectivamente, en moedas de ouro e prata, para que “pudieran seguir en el tráfico de su comercio” cun simple “recibo verbal” .

O 31 marzo de 1828 un grupo de cataláns, residentes nos portos de Esteiro, Freixo, Portosín e Noia, outorgaron ante un fedatario público desta última vila una escritura na que: “dijeron que el alto y exorbitante precio que últimamente se ha señalado al ramo de la sal ha sido causa de la grande y extrema decadencia en que en la actualidad se halla la salazón de la pesca del Reino,…cuyo promedio podrá verificarse si el paternal corazón de S.M. que Dios guarde se digne conceder las sales de las reales Fábricas de Cádiz y Torrevieja… al precio de 2 reales que es el señalado a pié de fábrica del mismo modo que se le concede a los extranjeros…”. Entre os cataláns que asinaron o documento, que foi remitido a un procurador en Madrid para darlle o curso correspondente, estaban entre outros José Romaní, José Portals, Mariano Romaní, Francisco Romaní, Benancio Portals, Salvador Gelpi y Cayetano Rutllá, todos eles industriais da salgadura en Esteiro.

Nos protocolos notariais do distrito de Noia do seguinte ano de 1829, apareceu outra interesante escritura pola que un numeroso grupo de fomentadores, ante a perenne problemática cos matriculados, á contribución a que estaban sometidos, e sobre todo, a causa do elevado prezo da sal, tentaron constituírse en gremio para defender os seus dereitos . En concreto, o 2 de abril de 1829, os mesmos fomentadores de Esteiro, Freixo, Portosín e Noia sinalados no documento anterior, xunto con outros de Corcubión, outorgaron un poder a favor do veciño de Madrid chamado Sebastián Miñano, co seguinte obxectivo: “… que a fin de conseguir el interesante medio de que se forme gremio separado o matrícula de los fomentadores de pesca, según el espírito de varias Reales Órdenes al efecto vinculadas….”. Independentemente do apuntado aquí, non puiden atopar ningún dato concreto que confirmase a constitución formal do referido gremio, aínda que todo parece indicar que esta iniciativa foi o xerme da Sociedade de Fomentadores da Ría de Muros e Noia, que formalmente se constituíu en 1875.

Naqueles tempos era plena a colaboración entre os catro principais fomentadores cataláns de Esteiro. En 1837, José Romaní, José Portals, Benancio Portals e Salvador Gelpi, logo de solicitalo ao “Administrador de la sal de la Coruña”, apoderaron ao capitán dunha polacra–goleta chamado Francisco Pagés para que lles trouxera 1.200 fanegas de sal para as súas industrias, a razón de 600 para o Romaní e 200 para o resto .

Outra escritura outorgada ante o mesmo notario e ano, tamén referida a un apoderamento para a compra e transporte da sal, foi asinada por José Portals co obxecto de conseguir 600 fanegas de sal dos alfolís reais de Marín .

En 1842, os tres veciños e fomentadores de Esteiro, Narciso Cruz e José e Benancio Portals, fixeron causa común contra Vicente Palmieri, axudante de marina do distrito de Noia, elevando unha queixa ante a Comandancia de Marina de Vilagarcía polo que consideraban excesos cometidos no exercicio das súas funcións. O aludido iniciou unha querela criminal por calumnias contra os mencionados fomentadores. A consecuencia inmediata foi que tiveron que presentar unha fianza de 1.000 ducados para garantir as posibles responsabilidades derivadas do resultado do xuízo .

Pascual Madoz, en 1845, describe Esteiro no seu “Diccionario Geográfico-Estadístico-Historico de España” do seguinte xeito:

Esteiro (Santa Marina de): Feligresía en la provincia de La Coruña, diócesis de Santiago, partido judicial y ayuntamiento de Muros. Situado sobre la costa septentrional de la Ría de Noya, frente a la isla de Santa Catalina (evidentemente trátase dun erro, a illa é a Creba), clima templado y sano: reúne cerca de 200 casas y entre ellas 8 almacenes de sardinas: Tiene una escuela de instrucción primaria sin dotación fija y frecuentada por 70 niños, la iglesia parroquial (Santa Marina) es filial de Santiago de Tuy (evidentemente tamén mal).

El término confina con el de su matriz y el de san Juan de Sabardes, que pertenece al ayuntamiento de Outes: El puerto es bastante seguro y capaz para embarcaciones menores. El terreno es montuoso, con algunas llanuras y colinas fértiles. Los caminos locales, así como el que por la costa va desde Noya a Muros, se hallan muy mal cuidados. El correo se recibe de la estafeta de Noya. Produce cereales, legumbres y patatas. La principal industria es la pesca y salazón de sardina, si bien se encuentra en un estado de notable decadencia. Población 216 vecinos, 826 almas”.

En canto a este dato da poboación resulta cando menos curioso o que indica outro “dicionario” publicado dous anos despois. Trátase do chamado “Diccionario Universal de Historia y Geografía” elaborado en 1847 por don Francisco De Paula Mellado e outros. Nel se di que a parroquia de Santa Mariña de Esteiro contaba nese ano con 169 veciños. Parece que o dato non está ben nun destes dous dicionarios.

Por curioso que poda parecer, un tipo de escritura pública bastante frecuente ao longo deste século XIX foron as protestas de letras de cambio. Como exemplo, reflíctense as outorgadas o 5 de xaneiro e 3 de febreiro de 1848 . Nelas instábase a D. José Portals para que pagara unha letra que tiña endosada con anterioridade, e que lle presentara D. Ángel Rosende, por conta dun industrial de Santiago. José Portals non aceptou en ambos casos o pagamento, aludindo contas pendentes co librador.

O mantemento das colonias naqueles tempos supuxo unha sangría para España. Moitos mozos, por mor do seu alistamento obrigado, foron prestar servizo a terras americanas e nalgún caso nunca máis regresaron. Por exemplo, en xuño de 1850, faleceu na Habana o veciño da Silvosa, Salvador Lourido, que estaba destinado como soldado no Rexemento de Nápoles.

En 1856 foi publicado un documento chamado “Notariado de España e ultramar” redactado por don José Gonzalo de las Casas. Nel indícase que Esteiro tiña nese ano 216 veciños. Dez anos despois nun documento do entorno militar publícase o seguinte:imagen4

Imagen3.png

Texto referido a Creo e Esteiro nun documento militar de 1866

No ámbito marítimo, en 1867 publícase o chamado “Derrotero de las costas de España y Portugal, desde el cabo Trafalgar hasta el puerto de la Coruña”, redactado por don Pedro Ruidavets Tudury. En relación cos bisbarra de Esteiro dise o seguinte:

Imagen5.png

Os anos centrais deste século XIX foron especialmente dramáticos para Galicia en xeral e para a bisbarra de Esteiro en particular. A fame e conseguintemente a desnutrición xeneralizada trouxo epidemias de cólera e viruela, con verdadeiros estragos na poboación, fundamentalmente infantil. En 1844 a poboación da parroquia estaba practicamente estancada xa que había máis ou menos o mesmo número de nacementos que de falecementos. Pero o realmente terrible foi que dos 30 falecidos contabilizados no libro sacramental nese ano, 18 eran nenos.

En 1846 tiveron lugar en toda Galicia revoltas populares pola carestía dos alimentos. Na costa estas revoltas foron apoiadas polos propios cataláns, por mor das dificultades de obtención e  alto prezo da sal.

A elevada mortaldade infantil acontecida en Esteiro no ano 1844 non foi unha excepción, xa que en 1850 dos 27 falecidos contabilizados na parroquia, 10 eran nenos. Especialmente cru foi o inverno a cabalo dos anos 1851 e 1852, xa que dende setembro a xaneiro faleceron en Esteiro 23 persoas, dos que 21 eran nenos .

Despois duns 15 anos relativamente “tranquilos” en canto a epidemias e fame, pero convulsos para moitas familias da bisbarra por mor do inicio da primeira emigración masiva a América,  a finais da década dos sesenta dese século volveuse a producir en Esteiro unha elevada mortaldade infantil, pero esta vez produto da viruela . En 1869 aparecen reflectidas nos arquivos parroquiais de defuntos 29 persoas, das cales 20 eran nenos. Desta cruel realidade non se salvaron nin ricos nin probes. Baste lembrar que nese inverno o matrimonio formado por José e Balbina Portals viron falecer a tres dos seus fillos. En 1871, dos 24 falecidos 11 eran nenos. (continuará)

 

 

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s