Según o Instituto Galego de Estatísitca, os apelidos máis frecuentes no Concello de Muros, son os seguintes:
O APELIDO “FERNANDEZ”
Orixe e Toponimia:
Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos os seguintes lugares coa grafía O Eido Fernández:
– na parroquia de San Bernabeu de A Graña, no concello de Covelo (Pontevedra).
coa grafía Os Fernández
– na parroquia de San Bernabé de Chaguazoso, no concello de Vilariño De Conso (Ourense).
– na parroquia de San Pedro de Crecente, no concello de Crecente (Pontevedra).
– na parroquia de San Lourenzo de Trives, no concello de A Pobra De Trives (Ourense).
coa grafía Vila Fernández
– na parroquia de San Vicente de Marantes, no concello de Santiago De Compostela (A Coruña).
coa grafía Vilafernández
– na parroquia de San Martiño de Olveira, no concello de Dumbría (A Coruña).
Distribución en España:
No estado español: podémolo atopar nas provincias de Madrid, Asturias, Barcelona, Sevilla, León, Granada, Málaga, Murcia, Cantabria, Cádiz, Xaén, Almería, Biscaia, Toledo, Badaxoz, Cordoba, Cidade Real, Valencia, Cáceres, Zamora, Alacante, Valladolid, Huelva, Albacete, Burgos, Guipúscoa, A Rioxa, Palencia, Cuenca, Navarra, Illas Baleares, Tenerife, Zaragoza, Ávila, Xirona, Álava, Tarragona, As Palmas, Salamanca, Guadalaxara, Castelló, Lleida, Segovia, Melilla, Ceuta, Soria, Huesca e Teruel.
Heráldica
Ten moitas orixes na Galiza, coñecese unha casa solarenga en Chantada.
Armas :
Os Fernández galegos teñen os seguintes brasóns:
1. Os de Chantada: En campo de ouro, 3 faxas de gules.
Outros Fernández da Galiza:
2. En campo de azur, un castelo de prata aclarado de gules e sobre cada unha das torres laterais, un paxaro de ouro en actitude de vó. Bordura de ouro, coa lenda: “ Toda hazaña vuela muy a la ligera” en letras de sable. Fileira de gules.
3. En campo de sinople, unha torre de prata, deitada de duas estrelas do mesmo metal e surmontada dunha flor de lis, tamén de prata.
4. Escudo partido: 1º, en campo de azur, un castelo de ouro; 2º, en campo de ouro, un león rampante de gules.
5. En campo de azur, 5 flores de lis de ouro, postas en sotuer. Bordura de gules con oito aspas de ouro.
O APELIDO “LAGO”
Orixe:
Etimoloxía : 1.- Masa considerable de auga, de maior ou menor profundidade, rodeada de terra e non comunicada directamente co mar.
Está relacionado cos apelidos Lagoa, Lagos.
Toponimia
Posible orixe toponímica. en Galicia atopamos as seguintes parroquias coa grafía O Lago.
– parroquia de San Martiño de O Lago, no concello de Maside (Ourense).
– parroquia de Santiago de Lago, no concello de Valdoviño.
Nobiliaria
Brasóns dos LAGO recollidos na Executoria de Fidalguía dos irmáns FERNANDO e PEDRO DE LAGO, veciños do Concello de Trasancos (na actual comarca de Ferrol, antigamente Terra de Trasancos). O proceso de información promóvese ante a Real Chancillería de Valladolid o 31 de outubro do ano 1596, e remata coa terceira e definitiva sentencia en favor dos apelantes outorgada o 13 de maio de 1603.
Heráldica
Armas :
1.- En campo de azur, unha torre almenada da súa cor sumada dun cabaleiro armado sostendo erguida unha espada na man destra.
2.- En campo de gules, tres flores de lis de ouro ben ordeadas.
Así nas armas do capitán Lanzarote de Lago e Andrade (ano 1591), no interior da igrexa parroquial de Santiago de Barallobre (no actual concello de Fene, A Coruña). Cumpre salientar que esta pedra de armas se conserva con esmaltes e cores.
3.- Xaquelado de ouro e azur, de doce piezas (3 x 4) sostidas de tres ondas de prata e azur, e brochantes sobre elas catro peixiños de prata.
4.- De goles, cinco flores de lis de ouro, colocadas en aspa.
5.- De ouro, un oso, de sable.
6.- De azur, unha torre de prata sostida dun lago de prata e azur, acompañada de dúas flores de lis de ouro, unha en cada cantón da xefe.
7.- De prata, unha torre ameada de pedra, mazonada de sable, sumada dun guerreiro armado que empuña unha espada, fendente, coa man destra.
Fontes-bibliografía
RAG, Dicionario da Real Academia Galega, .
- Arquivo Municipal de Ferrol (AMF). Caixa nº. 754. Expedientes de Nobreza e Limpeza de Sangue.,.
Boullón Agrelo, A.I.; Sousa Fernández, X., Cartografía dos apelidos de Galicia, Instituto da Lingua Galega – USC, 2001.
INEbase, Aplicativo Apellidos,, INE, 2011.
INEbase, Aplicativo Apellidos, INE, 2011.
ARG, Arquivo do Reino de Galicia, Xunta de Galicia,.
- Corpus Xelmírez – Corpus lingüístico da Galicia medieval – http://sli.uvigo.es/xelmirez/, Vol/Tom MSXC páx 271/ 353.
Fariña Couto, L., Libro da heráldica galega, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, 2001.