A voz dos nosos poetas: A preguntar por min constantemente.

A preguntar por min constantemente.

p/ Manuel Mª Pena Silva

 Esta vida é capítulo imperfecto;Imagen2.png

pódela resumir en case nada.

¿Que é a morte? Unha falta de respecto;

entra sen avisar, sen ser chamada.

 

Víate invulnerable, ou parecías,

e, sen embargo, foches vulnerado.

Críaste dura rocha. Fantasías

de heroe, en fin, nun corpo de prestado.

 

Non me esquezo de ti. Estás presente,

espírito inmortal, na miña mente.

Non ignoro quen son,  nin que soporto

pesadelos de ausencia. Vivo absorto…

 

sumando señardades. Tanta xente,

na badía do alén, nesoutro porto,

a preguntar por min constantemente.

(Rioderradeiro)

 

Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario