p/ Pablo Andrade.
Morreu o vello labrego
Morreu arriba no agro
Morreu o vello labrego
Morreu o vello sachando
Morreu polo mediodía
Pola noite o atoparon.
Xa estaba teso o velliño
Xa tornara coor Branco.
Deixou moitos piñeirais,
Unha casa, e mais dous agros
Unha mitade pro crego
E a outra pra o estado
Pois el non tiña parentes,
E non tiña a quen deixarllo
No cadaleito o meteron,
E nen sequera o mudaron
Ca roupa coa cal morrera
Así mesmo o enterraron
Non se parando sequera
Nen un intre pra aféitalo
Pois como decía o Crego;
Pra irse alo o outro mundo
Non fai falla ir preparado
Pois polas portas do ceo
Entran os feos e os guapos
Morreu o vello labrego
En xaneiro fixo un ano
Nen Unha misa lle deron
Por non gastaren os cartos
Somentes o señor crego
Acordouse del nun acto
E rezou tres padrenuestros
Pola alma do finado
Morreu o vello labrego
Morreu arriba no agro
Morreu o vello labrego
En xaneiro fixo un ano
Soiño no camposanto.