p/ Manuel Lago Álvarez.
A Vila de Muros, (ou Muro, como se dicía antigamente), foi poboada, por orde do rei Alfonso IX. No ano 1286 o rei Sancho IV “por facer el bien et merced á los de la Puebla de Muro el porque sean más ricos et más abondados et se pueble mejor el logar…”, otorgoulle o Fuero de Benavente, dispoñendo ademáis: que ninguén vendese peixe no alfoz, senón dentro da Vila; e que todo-los menestrales do alfoz, viñeran a poboar na villa; e que fixesen mercado o Domingo, “et ningun Recatero que non ande por el alfoz, mas que vayan todos comprar et vender al mercado á la puebla; que los jueces, alcaldes y notario viviesen en la villa y que tuviesen allí las mujeres y las mayores casas de morada; y que ninguno non faga cabana en el alfoz”.
O “Fuero de Benavente” foi o modelo de corpo legal que adoptaron os reis para dar forma a un conxunto de disposicións mediante as cales se concretaban as obrigacións e privilexios dos que gozaban os asentamentos de poboación emerxentes. No caso de Muros (Puebla de Muro), a disposición de que “ninguno non faga cabana en el alfoz”, foi repetida moitas veces i en diferentes épocas, por razón de xuntar a poboación en un único asentamento, para facela máis forte diante dos continuos asaltos que sufrían as poboacións da costa galega. Un dos ataques que non deixou pedra sobre pedra de Muros, aconteceu no ano 1389, cando a Vila foi invadida polas tropas portuguesas do rei Juan I de Portugal, coñecido por Mestre de Avis.
Como referencia histórica sobre a repetida orde de poboar a “cerca”, cabe sinalar que andando o tempo, o 16 de abril de 1560, sendo Muros Vila Arcebispal, o provisor do Arcebispado, Dr. Carriazo, na súa visita a Muros, ordenou: “que de agora en diante ningunha persoa poida edificar casa de novo nos ditos arrabaldes, nin nos campos pertos a eles, téndose en conta que para edificar hai moito solo e solares baleiros na Vila e dentro da cerca”.
Trece años despois do outorgamento desta Carta Puebla, en 8 de Agosto de 1299, o Rei Fernando IV donou a Igrexa de Santiago a Vila de Muro con todo o seu alfoz. O documento de doazón dicía:
En el nombre del Padre etc… Nos dom Ferrando por la gracia de Dios, Rey de Castiella, etc._ parando mientes en commo la Eglesia de Santiago es ennoblecida por el cuerpo del glorioso apostol Santiago nuestro Padrón e de toda España, que y iace en ella; et por que aquelles Reys onde nos venimos fueron ennoblecidos por los bienes et por las aiudas que ouieron deste apostol sobredicho, touieron por guisado de fazerle reconoscimiento et de darlle sus dones; et nos teniendo et creyendo que faziendo esso mismo que auvemos parte en la su merced et en la su aiuda. assy como ellos ouieron; Por ende nos con conseio et con outorgamento de la Reyna donesa Maria nuestra madre, et del «infante dom Henrrie nuestro tio et nuestro tutor, damos á la Eglesia de Santiago sobredicha la villa de Muro que es en tierra de Santiago cerca Noya. Et damosgela con toda su alfoz et com aquellos terminos que dió el Rey dom Alffonso guando la pobló, saluo ende las heredades que ende dieron los otros Reyes onde nos uenimos et nos despues que regnamos. Et damosgela bien e: complidamientre con todos las sus fueros et pechos et derechos que nos y auiemos o deuemos auer… pora dar et uender et empennar et camiar et enagenar et pora fazer della et en ella tod: lo que quisiere consmo de lo suyo mismo; saluo que non poda fazer ninguna destas cousas con ornes de orden, nin de religior nin de fuera de nuestro sennorio, nin que sea contra nos nuestro mandado. Et Retenemos en este logar sobredicho por.: nos et pora los otros Reyes que Regnaren despues de nos en Castiella et en Leon moneda forera de siete en siete anos, et seruico o serui9os, et los dezemos guando los dieren, et mineras si las y ha, o las ouiere daquí adelante, et justicia si la eglesia sobredicha non la fiziere; et que falta ende por nos guerra et paz con las fortalezas que y som o fueren daquí adelante ‘.
Fecho el priuilegio en el Real de sobre el cerco de Palencuela del Cuende, ocho días andados del mes de agosto en Era de MCCCXXXVII.
En 17 de Decembro de 1309, confirmou Fernando IV este privilexio coa declaración de que a revogación que se fixera nas Cortes de Burgos de tódalas doazóns feitas nos primeiros anos do seu reinado, non debía entenderse das feitas á Igrexa de Santiago, Patrón de toda España, e en atención .á que o Arcebispo D. Rodrigo de Padrón estaba axudándolle no sitio de Alxeciras. (En igual data, o mesmo rei outorgou o señorío da cidade de Santiago, ao seu Arcebispo Rodrigo de Padrón, polo mesmo motivo de axudarlle con 400 cabaleiros no cerco de Alxeciras).
No documento, polo que o rei Fernando IV doa a Vila de Muros á Igrexa compostelán, cabe apuntar que en ningún caso se fai mención a que Muros fora trocada pola Vila de Tarifa “la guerrera”, como reiteradamente se ven afirmando por parte de algúns historiadores. Facendo historia é necesario lembrar que a praza de Tarifa foi tomada aos musulmáns en 1292 por Sancho IV de Castela, chamado o Bravo. Sancho puxo ao mando da praza a Alonso Pérez de Guzmán, máis coñecido polo nome de “Guzmán el Bueno”. En 1294, o infante don Juan, irmán do rei Sancho, ofrecerase ao rei Mohamed II de Granada para, traizoando a coroa castelá, recuperar Tarifa, cousa que non lograron. Tras a conquista cristiá, sería longo tempo zona fronteiriza, primeiro co reino de Granada e logo, tras caída do reino nazarí, como praza forte na defensa das costas ante os piratas berberiscos e, xa no século XVIII, como enclave militar fronte á posesión inglesa de Xibraltar. Non constando en ningures que a praza de Tarifa fora en calquera momento histórico propiedade da Igrexa compostelán, polo que malamente poido Muros ser trocado pola praza de Tarifa. O motivo da doazón hai que buscalo no agradecemento do rei ao Arcebispo de Santiago D. Rodrigo de Padrón, polas súas aportacións de tropas e cartos para a campaña da Reconquista, xunto co feito de que o Arcebispo reclamaba o Señorío da cidade de Santiago, asunto no que o rei tardou en decidirse, e mentres non decidiu trataba de contentalo coa doazón de pequenas Vilas.