Palabras máis consultadas no Dicionario da web da Real Academia Galega.
esmorga: Diversión buliciosa e esaxerada. Pasou toda a noite de esmorga. SINÓNIMOS: algueirada, carallada, chola, festa, foliada, gandaina, rexouba, riola, ruada, troula, trouleo, xolda CONFRONTAR garulada. 2 Comida abundante que toman varios amigos xuntos. Xuntábanse os xoves á noite para faceren unha esmorga.
nese: (feminino: nesa) contracción Contracción da preposición en e do demostrativo ese, esa, eses, esas. Está nese caixón.
lugar: substantivo masculino. 1 Porción determinada de espazo. Que cada un ocupe o seu lugar no escenario. SINÓNIMOS posto, sitio1 Non sei a que lugar irei de vacacións este ano. SINÓNIMO sitio12 Núcleo pequeno de poboación en que se divide unha parroquia, con poucos veciños e de carácter rural. No meu lugar vivimos quince familias. SINÓNIMO aldea3 Sitio que algo ou alguén ocupa nunha serie ou nun conxunto. Chegou á meta en último lugar. SINÓNIMOS posición, posto: En primeiro lugar falou o secretario e despois o presidente. 4 Circunstancia concreta en que alguén se atopa. Eu no teu lugar non iría.
máis: adverbio. 1 Indica un aumento ou superioridade en cantidade intensidade ou número que pode expresarse en comparación con outro elemento ou de maneira absoluta. Gústame máis a auga ca a cervexa. Gasta máis do que gaña. É o máis alto de todos. Faime falta máis tempo. Xa non quero comer máis. ANTÓNIMO menos. 2 Expresa ponderación a intensidade de algo nun grao moi elevado. Que abrigo máis bonito levas! SINÓNIMO tansubstantivo masculino3 Signo matemático (+) que indica suma de elementos. Tes que poñer o máis á altura da raia do quebrado.4 Signo matemático (+) que diante dun número que non se relaciona con outro indica o seu valor positivo. Os números enteiros positivos levan diante un máis.
porén: conxunción. Introduce unha oposición ou puntualización a algo que se dixo anteriormente. Aínda ten que facer moita rehabilitación, mais, porén, non perde os ánimos. SINÓNIMOS así a todo, así e todo, con todo, emporiso, no entanto, non obstante, secasí
presa: substantivo feminino. 1 O que se apreixa dunha soa vez coas mans. Unha presa de herba. Unha presa de sal. SINÓNIMOS maínzo, manchea, manda2, presada, puñado CONFRONTAR brazada, brazado. 2 Construción feita nunha corrente de auga, consistente nun muro que detén a auga para acumulala. Atravesamos o río pola presa. SINÓNIMOS encalco, encoro, represa, vaira. por extensión: Volume de auga almacenada por esta construción. Fómonos bañar á presa. SINÓNIMOS encalco, encoro, represa: Canle que conduce a auga desde o río ao lugar a que é destinada. Esta presa leva a auga ao muíño.5 Cousa ou conxunto de cousas que se collen á forza despois dunha loita. Naquela guerra as presas gañadas foron moitas. SINÓNIMOS botín, presa: Animal que se captura. O can traía a presa na boca.
gabeta: substantivo feminino. Especie de caixa corrediza e sen tampa, que vai axustada a un oco en certos mobles, como armarios, mesiñas etc. Gardaba as xoias na gabeta do roupeiro. SINÓNIMOS caixón, estoxo
ola: substantivo feminino. 1 Recipiente de forma redonda, xeralmente de barro e coa boca ancha, usado para cociñar. Xa tirei a ola do lume SINÓNIMO pota CONFRONTAR cazola, tarteira. Recipiente xeralmente de barro, con dúas asas, coa boca e o fondo estreitos e a barriga ancha, que tradicionalmente se usaba para carrexar a auga, para conservar os chourizos en aceite ou graxa, para mazar o leite etc. Escachoume a ola polo camiño. CONFRONTAR cántaro. Medida de capacidade para líquidos que leva polo xeral 16 litros. Merquei unha pipa de seis olas. SINÓNIMOS cabazo, cántara, cántaro
botar: verbo transitivo. 1 Facer chegar [unha cousa] a un sitio mediante un impulso. Bótame as chaves pola ventá. Botar o risón. CONFRONTAR lanzar2 Facer caer [algo] nun lugar determinado. Hai que botar a roupa no cesto.3 Deixar saír ou facer saír fóra de si [algo]. O dragón botaba lume pola boca. SINÓNIMOS expeler, expulsar O tubo de escape comezou a botar un fume negro. Esta estufa bota moita calor. SINÓNIMOS despedir, desprender Tamén absoluto Este caldeiro bota. CONFRONTAR deitar, perder4 Producir unha persoa, un animal ou un vexetal [unha parte nova que complete o seu organismo ou o seu desenvolvemento]. Botar follas unha árbore. O neno xa botou os dentes.5 Mover ou inclinar [o corpo ou un membro] en determinada dirección. Bota a cabeza para o lado.6 Pór [unha cousa] sobre ou en contacto con outra. Botoulle un remendo ao pantalón.7 Obrigar a marchar dun lugar. Botárono da clase por armar escándalo. SINÓNIMOS chimpar, expulsar Dixo que os querían botar do piso.8 Obrigar a abandonar un traballo ou unha ocupación. Vano botar da empresa. SINÓNIMOS chimpar, despedir9 Facer que escape ou marche [un animal] asustándoo. Bota ese gato de aí. SINÓNIMOS escorrentar, tornar10 Realizar ou levar a cabo [aquilo que indican certas palabras]. Botar a sesta. Botar unha ollada. Botar unha firma.11 Ofrecer ao público. Que película botan? Hoxe botan un programa de animais na televisión. SINÓNIMO dar12 Facer varias partes de [unha cousa ou un conxunto de cousas] e dalas a diferentes persoas. Botar a comida. SINÓNIMO repartir Botar cartas. SINÓNIMOS dar, repartir. 13 Calcular ou supoñer [unha cantidade]. Cantos anos lle botas? Bótalle o que me custaron os libros.14 Empregar ou investir [certo tempo] en algo. Botei tres horas intentando amañar o coche.15 Estar [durante certo tempo] nun lugar. Botou cinco días na cidade.16 Expresar [algo] en voz alta. Botar un discurso. Botar blasfemias.17 Provocar [un animal] para que ataque. Botoulle os cans.18 Enterrar [unha planta nova ou semente] para que prenda e medre. Están na leira botando o millo. SINÓNIMO sementar19 Facer entrar na auga [un navío] despois de construído ou reparado. Botaron o barco na rampla principal do estaleiro.20 Facer que [un animal macho] cubra a femia. Botáronlle o carneiro á ovella. .verbo pronominal. Precipitarse ou lanzarse bruscamente cara a algo ou alguén. Botouse á auga para salvar o rapaz. Botouse cara a min.
pór: verbo transitivo e pronominal. Poñer. Onde poría o xersei? Vai pór o coche á sombra.