REBOLO. Quercus pyrenaica

p/ Amado Barrera.

O EXEMPLAR DAS IMAXES, que se atopa no camiño da Pedra do Cadro (Esteiro), na beira dun monte cheo de piñeiros pero acompañado por algún carballo, seguramente coma restos supervivintes dunha antigua carballeira, ehi!, é pequeno, aínda que podería medrar ata uns 25 m. Se o deixan, e máis ben parece un rebrote grande, pois vense outros pequenos no seu pe.

O seu carné de identidade é a súa folla: aterciopelada polas dúas caras, moi tomentosa no envés e con moi profundos lóbulos. Ten un peciolo de uns 5 cm. Follas que non caen todas no Outono, moitas quedas secas e caen cando as novas broten (iso chámase marcescencia).

Quén sabe os anos que ten este o noso amigo: non sería estraño que a súa cepa fose mesmo centenaria, aínda que a árbore-nai xa non estea por ter sido tallada. Nesta especie disque iso pasa a miúdo.

Eu non coñezo outro exemplar, pero debe habelo, se alguén sabe ónde, que o diga. Por certo, pese ao seu nome, hai poucos nos Pirineos (só na Serra de Leyre –Navarra-). O que pasou e que o Botánico que o bautizou estudou exemplares desa zona e non se preocupou de procurar máis información sobre a súa distribución.

Aproveitemos para insistir en que non só non se deben confundir allos con bugallos, confusión doada de evitar, pero tamén non confundir allos con landras, caramba!. Os bugallos son bolas que lle crecen aos carballos coma defensa do ataque dalgunhas avespas que depositan un ovo un brote. Este tumor arrodea á larva e sírvelle involuntariamente de alimento, que metamorfeseará e sairá por un burato.É una árbore ameazada e protexida en varias Comunidades españolas. Nós podemos atopar exemplares no Leste e Sur da nosa Nación de Breogán soltos coma o esteirán e mesturados cós carballos.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Natureza y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s