p/ Amado Barrera
Hai varias especies ás que na nosa ría decimos ARROAS, pero a que máis se ve nestas augas, con tanta diferencia que as outras son ocaionáis, é a que se alcuma Arroaz Real, especie etiquetada Tursiops truncatus.
Este real arroas distribúese polas augas tropicais e mornas, incluíndo o Mar Negro e tamén se ve no Atlántico Norte e na costa oeste africana. Abundante en tódalas costas ibéricas, tamén está presente no Medioterráneo.
Habitual na costa aínda se atreve a entrar nos portos, só ou en manadas máis ou menos numerosas, dende 5 a 10 individuos ata 30 e moi raramente moitos máis.
En primavera emigra para augas máis norteñas e regresa a fináis do verán, aínda que algún grupos son sedentarios, non marchan.
Góstalles moito brincar por riba da auga, e mesmo xogar con algún peixe grande coma se estivesen facendo un número circense. Ademáis de peixes, comen cefalópodos tamén, especialmente calamares.
A xestación dura 12 meses e a femia pare, en augas próximas ás nosas costas, una sóa cría de arredor de 1 m. de longo. A cría mamará outros 16 meses.
Distínguese ben pola cor cincenta do seu lombo e o branco do seu ventre ata o fouciño e non ten riscas nin manchas nas costas. Tamén é característica a súa aleta dorsal, grande, afiada e cóncava na parte posterior e a súa relativamente pequeña aleta caudal.
As outras especies tamén chamadas ARROAS son Grampus griseus (Arroaz boto), Lagenorhyncus albirostris (Arroaz careto) e Lagenorhyncus acutus (Arroaz pinto).
Bilbiografía: Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas de Xosé Manuel Penas-Patiño e Antonio Piñeiro Seage. Guía de Campo de los mamíferos salvajes de Europa Occidental, de Van Den Brink e Barruel