A voz dos nosos poetas

Primavera nos carrísImagen1.png

p/ Agustín González López

 

Veu o cuco ao rueiro cunha mensaxe: ¡Abril!

Nos piñeiros cantou e agora pousa mudo

sobre os fíos da luz.

 

E arribou a bubela emplumada…

Veu

curvo o arco da vella entre a chuvia e o sol…

Ponte aérea tendida desde  o monte ata o mar…

Unha cepa no verde, outra cepa no azur…

 

Ao mirar o mer horto as corolas brillaron.

cando o merlo cantou…

 

Despertou a figueira, o abruñeiro está en flores.

Primavera da alma, primavera do cuco,

primavera do merlo, primavera do ensoño

xa arribou aos Carrís…

 

Agustín González López

 

Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario