Santa Mariña de Esteiro

p/ Elixio Vieites.

 

Tipo de ben: Ermida, Imagen3.png
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Solleiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena capela dunha nave e cuberta a dúas aguas. De estilo neoclásico, aprécianse algúns elemento románicos, reaproveitados probablemente doutra obra anterior. Foi arranxada na década dos sesenta do pasado século. A fachada é sinxela, rematada nun frontón con pináculos, e ten unha porta rectangular alintelada cunha pequena ventana para dar luz ao interior. No interior ten tres arcos de medio punto sobre piares cadrados acaroados que sosteñen unha bóveda de canón, máis estreita no altar maior. Posúe catro tallas de madeira: a virxe das Dores, con manto de veludo; o Perpetuo Socorro; a Purísima Concepción e Santo Antón; presididas todas por Santa Mariña nunha ábsida chan sen retablo. Forma un fermoso conxunto co cemiterio e o campanario illado da igrexa, ao lado do que fora o camiño real, e a uns setenta metros de distancia da mesma. A igrexa honra, pois, a Santa Mariña, filla dun sacerdote pagán, que poida que nacera en Xinzo de Limia. Foi mártir, degolada por non casar co prefecto romano Olivio, e denunciada por cristiá.

Propiedade: Pública  – Uso actual: Outros
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Imagen2.png
Referencias bibliográficas:

Agrelo Hermo, Xosé Abeijón Núñez. F. A Freguesía de Santa Mariña de Esteiro.
Cadernos Cruceiro do Rego. Ed Toxosoutos ISBN 84-96259-31-5, ano 2004.

http://w.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA011.PDF—(pax 3 do pdf)

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:  Latitude: 42.7938103568
Lonxitude: -8.99105429649

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s