p/ Manuel Lago Álvarez
O século XVI foi un ir e vir de guerras entre Francia e España. E neste andar de guerras non decaeron as peregrinacións á Tumba do Apóstolo Santiago; peregrinacións que se facían tanto por terra como por mar.
Cando foi consagrada no ano 1211, a Catedral de Santiago xa gozaba do privilexio da absolución plenaria, outorgado en 1181 polo Papa Alejandro III a todo o que visitase o templo nun Ano Santo Xubilar. Tamén concedía aos fieis un valioso documento que acreditaba percorrer o Camiño de Santiago e aseguraba o dereito de asilo na cidade e nas igrexas polas que descorrían os distintos camiños que levaban á cidade do Apóstolo. Convertida en meta de salvación da Cristiandade, a catedral evolucionou con tal vitalidade que foi capaz de impulsar a construción de calzadas, hospitais, albergues, mercados e burgos enteiros (incluso a centos de quilómetros de distancia de Santiago), nas rutas que transitaban os peregrinos para alcanzala. A este bulir, Muros, como o porto máis importante de Galicia naquel século, non foi alleo. O Santuario da Virxe do Camiño co seu hospital de Lázaros, e o feito de contar con dúas parroquias (Tal e Louro) que teñen por Patrón ao Apóstolo Santiago, son consecuencia da importancia da Vila como centro e inicio das peregrinacións á inmortal Compostela.
Pero non todo era peregrinar por terra…
Cando se fala do Camiño Inglés, que se iniciaba coa arribada de barcos con peregrinos nos portos de Ferrol e A Coruña, non deixa de ser irrelevante o feito de que a poboación de Muros (incluso no século posterior) era moi superior á de Ferrol e A Coruña. Citando un dato, pero xa do ano 1759, Muros contaba con un censo de 363 mareantes e 70 barcos, mentres o censo de mareantes de A Coruña era de 176 e 20 barcos. Como tantas veces, quen prosperou máis que nos acabou facéndose dono da historia e así arrogouse o feito de que o Camiño Inglés iniciábase en A Coruña e Ferrol.
Continuaban as peregrinacións e continuaba a guerra cos franceses, que aínda que nunca houbo batallas en terra española, si que se daban no mar, onde as frecuentes incursións de barcos de guerra franceses facían desembarcos nas vilas e pobos das costas galegas, facendo saqueos, que atemorizaban á poboación.
Deste xeito, a principios do ano 1524, roldaban a costa de Fisterra catorce naves francesas. Os de Fisterrra nunha manobra combinada con naves de guerra españolas que viñeran de Biscaia, apresaron unha zabra (barco dunhas 200 tm, propulsado por velas) e con ela os seus dezasete tripulantes. Os barcos de Biscaia botaron a pique unha nave e apresaron catro. O resto das naves francesas non abandonaron as nosas costas. Dirixíronse con rumbo norte e desembarcaron en Cedeira, onde mataron un home e levaron presos a outros catro ou cinco.
Polo mesmo tempo arribou ao porto de Muros unha nave francesa con cincuenta peregrinos, que inmediatamente foros mandados prender polo Xuíz da Vila que os enviou arrestados ao Gobernador de Galicia D. Antonio de la Cueva. Coñecendo en Santiago este apresamento, o Arcebispo e Cabido reclamaron os referidos peregrinos; pois en virtude dos privilexios e concesións que tiña a Igrexa Compostelán, os peregrinos por ninguén podían ser molestados e perturbados no cumprimento da súa romaría. Consultou o caso D. Antonio de la Cueva co Emperador Carlos, o cal desde Burgos, en carta de17 de Xuño de 1524, contestoulle, que en canto aos peregrinos, se constase que, en efecto, viñan en romaría a Santiago, non lles estorbase no seu camiño, e en canto aos outros franceses prisioneiros retivéseos no seu poder ata que fosen trocados. Dálle tamén grazas o Emperador polas providencias que tomara para defensa da costa de Galicia protección e estimulo.
Non se ten constancia de como os peregrinos franceses volveron ao seu pais; si por terra ou por mar; ou de que aconteceu coa nave apresada en Muros. Do que si hai referencia, e da carta que o emperador Carlos I, enviou ao Gobernador de Galicia. Esta carta forma parte dos arquivos da Catedral Compostelán.
Ano de C. 1524. 17 de Xuño.
Carta de Carlos V ao Gobernador de Galicia, D. Antonio de la Cueva acerca das naves francesas que arribaran ás costas de Galicia.
El Rey
Don antonio de la cueba, nuestro gouernador de galizia ui nuestra letra de XXXI de mayo y en quanto toca a los cinquenta Romeros y nao francesa que aportaron al puerto de muros que dezis que os los enbio el juez de la uilla y que estando para enbiarlos a mi con otros XVII franceses que los de la uilla de finisterra auian tomado en vna zabra fuisteis Requerido por los del Cabildo desa sancta yglesia con el priuilegio que tiene de la libertad de los Romeros para que no lo hiziesedes, antes que los dexasedes libres, no ay que dezir sino que en quanto a los dichos Romeros y nao en que uinieron siendo y constandos que ellos son Romeros y pelegrinos e que uenían solamente en Romeria a señor Santiago hagays que se les guarde el dicho preuilegio/ y en los otros XVII franceses no ay necesidad de en-biarlos aca, syno uos hazed alla con ellos lo que se acostunbra en guerra en semejantes cosas e sy por la jnformacion que ouierdes pareciere que ay entre ellos alguna persona de calidad auisar nos eys dello.
En lo que dezys que an dicho los dichos XVII franceses que estando XIIII naos de franceses Repartidas al cabo de finisterra ouieron con ellos Recuentro ciertas naos uizcaynas y les tomaron quatro naos y afondaron otra y que los que quedan por esta costa saltaron en el lugar de cedera y mataron vn honbre y lleuaron otros quatro o cinco, y que luego proueystes de auisar toda la costa y que la gente acudiese a los puertos, y que . dado horden en la cobrança, del seruicio y en algunas cosas que conbjenen ay despacharse os partireys a uisi-tar y proueer todos los puertos desa costa, yo os agradezco mucho todo lo que dezis y asy os encargo lo hagays y con toda la breuedad que sea posible pues ueys lo que inporta que yo he mandado a los del mi consejo de la guerra que platiquen sobrello para que se prouea lo que conuiene para la buena guarda y Recabdo de la costa, y asi se haca, y uos tened siempre auiso en ello y que de los prisyoneros que asy se tomaren se Rescaten nuestros sudictos y basallos que ellos tienen presos si se pudiere hazer.
Vi lo que dezis sobre la cedula que ay en esa abdiencia para que las personas que trucaren uallesta muera por ello, yo uos encargo que proueays que aquella se torne a pregonar por que mejor se guarde. De burgos a XVII de junio de MDXXIIII años. Yo el rey
Por mandado de su magestad
Francisco de los couos.
(Original. Archivo de la Catedral de Santiago, Cartera 1.9