O MERLO (Turdus merula)

Fermosa ave que vemos por todo-los prados, bosques, parques e mesmo xardíns e que aniña tamén en calquera recuncho ente arbustos, mirtos e mesmo Imagen2.pngfrutáis ben agochadiños para que non os vexan os gatos ou miñatos.

Chegando a 25 cm de largo e ata 40 de envergadura, ten unha uniforme cor negra o macho, có peteiro e o anel ocular alaranxado, sendo pardo moteado o da femia,m que ten o peteiro amarelento

Voan con moita axilidade, a mediana altura, e camiña a saltos, eguéndose todo estirado cando se para.

Empeza a cantar xa a finais do inverno, cunha melodía inconfundible, agarimosa e melódica, composta de varias estrofas breves e variadas cun típico final agudo. O canto de reclamoImagen1.png é unha sucesión de notas agudas e moi seguidas que van subindo de tono. E cando se levanta espantado lanza un cacareo moi de seu.

ANIÑANDO

A parella de merlos non tolera intrusos, chegando a agredir a outros merlos para os botar do entorno do seu niño. Tanto se cegan na pelexa que se lles pode chegar a colle coa man. Se lles pon diante dun espello chegan a se esgotar pelexando contra a súa imaxe.

O niño é unha cunca feita de poliñas que recubre con terra por dentro, gostando da húmida das macetas para tal uso. A ubicación e calquera que quede agochada entre a vexetación de árbores e arbustos, coma o da fotografía, que estaba nun limoeiro da horta.

Poñen de 3 a 6 oviños e o macho colabora algo, pero pouco, Imagen3.pngna incubación. Deberían ter un 8M as merlas.

Fan dúas o tres postas ao ano.

Os pitiños tardan 14 días en abandoa-lo niño.

QUE QUÉ COMEN os merlos? Máis que nada, insectos. Pero tamén miñocas e cando hai froita, pois froita, para lamento dos seus donos, que non se decatan de que paga a pena lles pagar con unha pouca de froita o benéfico traballo que fan eliminando insectos e vermes. Por outra banda, non é difícil protexer-las fresas con unha redecilla.

Amado Barrera, Marzo 2018, para THE MUROS TIMES

 

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Natureza y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s