A voz dos nosos poetas: Manuel María Pena Silva

p/Manuel María Pena Silva

Picture38Ceibo os meus versos de caza.
Se o subconsciente me abrasa,
abro comportas da casa,
a babor, por estribor,
por contumacia da dor,
na procura de lector,
ceibo os meus versos, de caza…

Alzo  estrofas sen pudor,
en consoante ameaza;
desarmo tabús na praza;
brindo baladas de amor
calzadas con calazador;
pois son prolífico autor,
perpetro en arte menor
tribulacións da mordaza;
da musa que me embaraza,
paro bolas de alcanfor
que, nun vestiario, é valor;
levo polilla á desgraza;
como alicerce e carnaza,
repercuto a mesma baza…

Se o subconsciente  me abrasa,
abro as comportas da casa
a babor, por estribor,
por contumacia da dor,
na procura de lector;
ceibo os meus versos, de caza.

http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A voz dos nosos poetas: Manola Lamela Caamaño

Unha estrela che guía
p/ Manola Lamela Caamaño

Picture37Por teito o ceo infinito
por fogar, o mar.
Os reflexos da lúa
na oscura noite
queren o teu barco enamorar….
Unha estrela che guía
por océanos e mares
de corales e de sal.
Tatuada no teu peito,
a rosa dos ventos
e na proa e na popa
os catro elementos:
auga, aire, terra e lume,
son as luces e as sombras
dun continuo navegar.

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado | Deja un comentario

Cantigas e refráns da noite de San Xoan

p/ Homes de Pedra en Barcos de Pau

Lume, lume, alumea o pan;

Deus che dea moito grao,

cada grao coma un bugallo,

cada pe coma un carballo.

……………………………………………

Picture36Salto por riba

do lume de San Xoán

para que non me trabe

nin cóbrega, nin can

…………………………………………..

Madrugada de San Xoán,

madrugada máis garrida,

que baila o sol cando nace

e ri cando morre.

………………………………………………

Por ser noite de San Xoán,

noite de encantos e bruxas.

por ser noite de San Xoán,

téñoche amor Maruxa.

…………………………………………………..

Día de San Xoán, meniña vaite lavar;

pillarás auga de paxaro antes que o sol raiar.

En san Xoán, as bruxas fuxirán.

Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.

Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.

A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.

Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.

No san Xoán, na palangana cagarán.

Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.

Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si es capaz.

En san Xoán, cardos dan.

No san Xoán, peras na man.

No san Xoán, as peras caen ó chan.

A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.

No san Xoán, fouciña na man.

Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.

Cebolas en san Xoán, cagallas de can.

Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.

Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.

O coello polo san Xoán, e o pavo polo Nadal.

Quen fai xaxún polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.

Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.

En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.

Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.

Polo san Xoán, as nove co día darán.

Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.

O dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.

Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado | Deja un comentario

Os nosos fotograf@s: Antón Rey

Aínda que Antón non naceu en Torea nunca está lonxe do lugar que veu nacer os seus antepasados. Dende Bos Aires lembra a súa terra querida e as súas xentes, aportándonos a diario unhas fermosas fotos que él fixo durante a súa estancia entre nós fai uns meses.

As fotos de Antón, cheas de cor e nostalxia, fannos ver o rural muradán doutra maneira. Son estampas do día a día dunha terra viva; unha terra e unhas xentes nunca esquencidas, que se fan presentes de forma natural. E no fondo de todo… como feitas, non por unha cámara, feitas polo corazón sinxelo de quen ama os seus, e lonxe deles, os lembra a cada momento.

Imagen3 Imagen4 Imagen5 Imagen5 Imagen6 Imagen7 Imagen9 Imagen10 Imagen11 Imagen12 Imagen13 Imagen14 Imagen15

Publicado en Os nosos fotografos | Etiquetado , | Deja un comentario

Afinación e restauración do piano

p/ Jorge Lago de Pexejo
Moi pouca xente escoitando un concerto ou un recital de piano é consciente que o virtuoso ao teclado dificilmente podería executar a súa mestría sen aqueles que teñen como profesión a restauración e afinamento de pianos.
Picture34Mentres que o oficio de restaurador do instrumento xa nacera antes de que Bartolomeo Cristofori inventase o que hoxe coñecemos como Piano Forte alá polo 1700 s, a afinación converteuse en profesión uns 100 anos máis tarde polo simple motivo de que si ben antes os músicos de tecla podían afinar os seus propios instrumentos, a ir evolucionando o piano, tal mester fíxose cada vez máis difícil ao converterse os pianos en instrumentos cada vez máis sofisticados. Inicialmente, a estes afinadores empleábannos os fabricantes de pianos e tiñan que pasar por unha aprendizasxe de 5 a 7 anos antes de ser valorados como como tales.
A profesión de afinador non require un profundo coñecemento musical pero sí unha gran sensibilidade auditiva e sentido da física do piano e do son. Unha boa afinación do piano require unha avaliación da interacción entre as notas, que é diferente para cada instrumento, de modo que na práctica require alturas lixeiramente diferentes ás empregadas en calquera estándar teórico. O que fai o afinador, basicamente, é oír batidas: dúas frecuencias o suficientemente próximas entre si que se contrapoñen unha á outra producindo oscilacións dunha frecuencia audible e identificable.
Picture35Hai táboas que mostran matematicamente as frecuencias de batemento entre as notas dunha oitava e outros intervalos. O batemento é un fenómeno acústico que se xera ao interferirse entre si dúas ondas sinuosidais con frecuencias lixeiramente distintas. A frecuencia de batemento é igual á metade da diferenza das frecuencias das dúas ondas orixinarias. Todo isto soa moi complicado pero en realidade un non é consciente do proceso, simplemente execútao por adestramento auditivo, é un pouco como tocar de oído.
images (1)Os pianos polo xeral son afinados en unha versión modificada do sistema chamado temperamento igual. Este é o nome común do sistema temperado de doce notas, que é o sistema de afinación máis utilizado actualmente na música occidental, e que se basea no semitón temperado, igual á duodécima parte da octava e de razón numérica igual á raíz duodécima de dous, cunha amplitude interválica de 100 centésimas.
En todos os sistemas de afinación, cada altura pódese obter da súa relación cunha altura prefixada, que é polo xeral o son «La 440». O «La 440» é o nome que se lle dá coloquialmente ao son que produce unha vibración a 440 Hz e serve como estándar de referencia para afinar a altura musical. A altura en música é a calidade que diferencia un son agudo dun son grave. Depende da frecuencia do son, que é a que determina o nome das notas. Trátase dunha das catro calidades esenciais do son xunto coa duración, a intensidade e o timbre. En psicoacústica a altura é un parámetro utilizado para determinar a percepción do ton (frecuencia) dun son. En 1936, unha conferencia internacional recomendou que o LA que se encontra á dereita do DO central do piano afinásese a 440 Hz. Este patrón foi tomado pola Organización Internacional de Normalización (ISO nas súas siglas en inglés) en 1955 (e reafirmado por eles en 1975) Ainda que hai que afina máis alto dependendo das preferencias individuais do director.
28214_1266936760149_6258191_nUn método práctico de afinación do piano comeza co axuste dun conxunto de cordas no rexistro medio do piano a unha octava temperada. Unha vez que estas cordas son axustadas, o afinador pode continuar axustando os demais tons comparando intervalos de oitava con esa oitava temperada. Isto é conveniente, porque a oitava é o intervalo máis doado de afinar porque ten a proporción máis simple (2:1) despois do unísono (1:1). Estas oitavas son afinadas sen batemento.
Este conxunto de accións sucesivas vólvese automático coa experiencia e a repetición, un pode estar a pensar nas musarañas e afinar case inconsciente do proceso. Un segue escoitando as terceiras, terceiras maiores, cuartas, quintas e determinando a súa posición ata que queda satisfeito. O resto é seguir co mesmo proceso ata chegar ao final.
Capture 2Hai outros factores, físicos e psicoacústicos que afecta á habilidade do afinador para conseguir o temperamento. Entre os factores físicos encóntranse os efectos adicionais de inarmonía debidos á resonancia na caixa para as cordas das notas graves e outros factores como unha precaria fabricación das cordas, as peculiaridades da resonancia ou a forma da ponte que pode causar batemento nalgunhas notas non relacionadas coa afinación e que o afinador de pianos non pode corrixir. O principal factor psicoacústico é que o oído humano tende a percibir as notas máis altas máis graves do que en realidade son cando son comparadas coas de metade do rexistro do piano. A miúdo non é suficiente estender a afinación para ter en conta a inarmonía das cordas, polo que os afinadores de pianos deben estender as oitavas altas do piano aínda máis. Tanto é así que moitos afinadores son incapaces de afinar as últimas octavas do piano e as alargan moito máis do que que corresponde. A cousa é que si o afinador non é capaz de oilas, tampouco é o tocador, polo menos eu nunca atopei a ninguén que me dixera que as últimas octavas estaban moi estendidas.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario