p/ Jorge Lago de Pexejo
Moi pouca xente escoitando un concerto ou un recital de piano é consciente que o virtuoso ao teclado dificilmente podería executar a súa mestría sen aqueles que teñen como profesión a restauración e afinamento de pianos.
Mentres que o oficio de restaurador do instrumento xa nacera antes de que Bartolomeo Cristofori inventase o que hoxe coñecemos como Piano Forte alá polo 1700 s, a afinación converteuse en profesión uns 100 anos máis tarde polo simple motivo de que si ben antes os músicos de tecla podían afinar os seus propios instrumentos, a ir evolucionando o piano, tal mester fíxose cada vez máis difícil ao converterse os pianos en instrumentos cada vez máis sofisticados. Inicialmente, a estes afinadores empleábannos os fabricantes de pianos e tiñan que pasar por unha aprendizasxe de 5 a 7 anos antes de ser valorados como como tales.
A profesión de afinador non require un profundo coñecemento musical pero sí unha gran sensibilidade auditiva e sentido da física do piano e do son. Unha boa afinación do piano require unha avaliación da interacción entre as notas, que é diferente para cada instrumento, de modo que na práctica require alturas lixeiramente diferentes ás empregadas en calquera estándar teórico. O que fai o afinador, basicamente, é oír batidas: dúas frecuencias o suficientemente próximas entre si que se contrapoñen unha á outra producindo oscilacións dunha frecuencia audible e identificable.
Hai táboas que mostran matematicamente as frecuencias de batemento entre as notas dunha oitava e outros intervalos. O batemento é un fenómeno acústico que se xera ao interferirse entre si dúas ondas sinuosidais con frecuencias lixeiramente distintas. A frecuencia de batemento é igual á metade da diferenza das frecuencias das dúas ondas orixinarias. Todo isto soa moi complicado pero en realidade un non é consciente do proceso, simplemente execútao por adestramento auditivo, é un pouco como tocar de oído.
Os pianos polo xeral son afinados en unha versión modificada do sistema chamado temperamento igual. Este é o nome común do sistema temperado de doce notas, que é o sistema de afinación máis utilizado actualmente na música occidental, e que se basea no semitón temperado, igual á duodécima parte da octava e de razón numérica igual á raíz duodécima de dous, cunha amplitude interválica de 100 centésimas.
En todos os sistemas de afinación, cada altura pódese obter da súa relación cunha altura prefixada, que é polo xeral o son «La 440». O «La 440» é o nome que se lle dá coloquialmente ao son que produce unha vibración a 440 Hz e serve como estándar de referencia para afinar a altura musical. A altura en música é a calidade que diferencia un son agudo dun son grave. Depende da frecuencia do son, que é a que determina o nome das notas. Trátase dunha das catro calidades esenciais do son xunto coa duración, a intensidade e o timbre. En psicoacústica a altura é un parámetro utilizado para determinar a percepción do ton (frecuencia) dun son. En 1936, unha conferencia internacional recomendou que o LA que se encontra á dereita do DO central do piano afinásese a 440 Hz. Este patrón foi tomado pola Organización Internacional de Normalización (ISO nas súas siglas en inglés) en 1955 (e reafirmado por eles en 1975) Ainda que hai que afina máis alto dependendo das preferencias individuais do director.
Un método práctico de afinación do piano comeza co axuste dun conxunto de cordas no rexistro medio do piano a unha octava temperada. Unha vez que estas cordas son axustadas, o afinador pode continuar axustando os demais tons comparando intervalos de oitava con esa oitava temperada. Isto é conveniente, porque a oitava é o intervalo máis doado de afinar porque ten a proporción máis simple (2:1) despois do unísono (1:1). Estas oitavas son afinadas sen batemento.
Este conxunto de accións sucesivas vólvese automático coa experiencia e a repetición, un pode estar a pensar nas musarañas e afinar case inconsciente do proceso. Un segue escoitando as terceiras, terceiras maiores, cuartas, quintas e determinando a súa posición ata que queda satisfeito. O resto é seguir co mesmo proceso ata chegar ao final.
Hai outros factores, físicos e psicoacústicos que afecta á habilidade do afinador para conseguir o temperamento. Entre os factores físicos encóntranse os efectos adicionais de inarmonía debidos á resonancia na caixa para as cordas das notas graves e outros factores como unha precaria fabricación das cordas, as peculiaridades da resonancia ou a forma da ponte que pode causar batemento nalgunhas notas non relacionadas coa afinación e que o afinador de pianos non pode corrixir. O principal factor psicoacústico é que o oído humano tende a percibir as notas máis altas máis graves do que en realidade son cando son comparadas coas de metade do rexistro do piano. A miúdo non é suficiente estender a afinación para ter en conta a inarmonía das cordas, polo que os afinadores de pianos deben estender as oitavas altas do piano aínda máis. Tanto é así que moitos afinadores son incapaces de afinar as últimas octavas do piano e as alargan moito máis do que que corresponde. A cousa é que si o afinador non é capaz de oilas, tampouco é o tocador, polo menos eu nunca atopei a ninguén que me dixera que as últimas octavas estaban moi estendidas.
Buscador interno
Fotografías
Categorias
-
Entradas recentes
- RAIGAME
- Iglesia de Santa María do Campo (I)
- A voz dos nosos poetas
- Ofrenda ao Apóstolo Santiago
- 1966: Visita a Muros do Ministro de Marína
- Publicidade muradana do ano 1959
- A hipertensión arterial
- O MEU TOCAIO
- Humidal e enseada do río Rateira en Bornalle
- O P. José Mójica en Muros (1965)
- As festas de San Pedro de 1903
- “A DERRADEIRA SINGLADURA DO BERGANTÍN GOLETA UNIÓN”
- Novas de onte de decembro de 1912
- Todos somos galegos mais o capitán é de Muros
- Campás de Muros e Serres
- Revista The Muros Times nº 41 – marzo-abril-2018
- Muros: o motín de 1899
- A voz dos nosos poetas
- A voz dos nosos poetas
- Muros: datos de poboación (I)
Etiquetas
- Abelleira
- Abril-2013
- Abril-2014
- abril-maio-2015
- Abril-maio-2016
- Agosto-Setembro - 2013
- Agosto-Setembro-2014
- agosto-setembro-2015
- Agosto-Setembro-2016
- Agustín González López
- Alfonso Pouso
- Alianza Uhía Patiño
- Amado Barrera
- Amador Martín Armesto
- A nosa Xente
- A Nosa Xente na diáspora
- Antonio Rey
- Antón Lameiro
- Bernardo Barreiro
- Blanca Fachado Lorenzo
- Capela do Carmen
- Capela dos Remedios
- Cartas da Redacción
- Cintia París
- Colexiata de Muros
- Convento Louro
- César Lorenzo Gil
- Decembro-2013
- Decembro-2014
- Decembro-2015
- Decembro-2016
- Domingo Juan Barreiros Lago
- Dra. Castiñeira
- Elena Barrera
- Elixio Vieites
- Emilio Xosé Insua
- Esmu-Carnota
- Esteiro
- Faltriqueira
- Febreiro-2014
- Febreiro-2015
- Febreiro-2017
- febreiro-marzo-2015
- febreiro-marzo-2016
- Francisco Abeijón Núñez
- Francisco Carantoña Dubert
- Francisco Javier Mayo Veloso
- Gonzalo Brea Romaní
- Henrique Monteagudo
- Historia
- Inés Monteagudo Romero
- Isidro García Dubert
- Joaquín Caamaño
- Joaquín Vilar Gómez
- Jorge Lago de Pexejo
- José Antonio Lago Lestón
- José Manuel Bermúdez
- José Manuel Formoso Luces (Porrúa)
- José María García Rodríguez
- José Vazquez Rama
- Juan Jesús Gestal Otero
- Longarela de Louro
- Louro
- Luciano Piñeiro González
- Luis Villar
- Maio-2013
- Maio-2014
- Manolo de Lajo
- Manuela Lado Lestón
- Manuela Tajes
- Manuel da Roura
- Manuel Lago Alvarez
- Manuel M. Caamaño
- Manuel María Pena Silva
- Marcelino García Lariño
- Maria Nieves Formoso Vidal
- Marisé Luces Tajes
- Marzo-2013
- Marzo-2014
- Marzo-2015
- María Luz Pérez Quintela
- Muros
- Música
- Novembro-2013
- Novembro-2014
- Novembro-2016
- Octubre-2014
- Octubre-2016
- Octubre-novembro-2015
- O Rumial do Campo das Cortes
- Outubro-2013
- Outubro-2014
- Pablo Andrade
- Pedro Caamaño Lago
- Pozo do Cachón
- Quín Muros-Negreira
- Ramón de Artaza Malvarez
- Ramón Martínez Caamaño
- Ramón Siaba Vara
- Revista TMT
- Ricardo Castillo
- Rioderradeiro
- Santiago Llovo Taboada
- Serres
- Setembro-2013
- Tal
- The Muros Times
- TMT
- Torea
- Videos
- Xaneiro-2014
- Xaneiro-2015
- Xaneiro-2017
- Xokas Figueiras
- Xullo-2013
- Xullo-2014
- Xuño-2013
- Xuño-2014
- xuño-2015
- Xuño-Xullo-2016
Arquivos
Estatísticas do blog
- 132.480 visitas
Comunidade