Por Esmu-Carnota.
As relacións entre música e sociedade non respiran no presente o seu momento máis feliz. O público xoven decántase, nunha gran maioría, por unha maneira de vivir a música moi diferente da derivada da gran tradición occidental; producíronse rupturas desgarradoras, aumentouse preocupantemente a idade media do público asistente aos concertos convencionais, non se xeran os mecanismos de renovación imaxinativos para facer máis imnovadoras as actividades musicais.
O movimento das escolas de música en España leva anos insistindo na necesidade dunha implantación da educación musical sen fronteiras, no conxunto da sociedade. Estase a falar de facer extensible a arte dos sons a todas as capas da poboación, sen restriccións, únicamente polo pracer de facer música, algo que inevitablemente desemboca nunhas maiores posibilidades de felicidade, tanto individual coma colectiva.
Coa aplicación e desenrolo da “Ley Orgánica de Ordenación General del Sistema Educativo”, a formación musical introduciuse nas ensinanzas de réxime Xeral, á vez que se recoñecen ás escolas de música coma centros educativos para as ensinanzas non regladas de música.
A administración local titular das escolas de música desenrolou durante anos este servizo, seguindo as demandas da poboación e con vontade de chegar a ser centros de dinamización e referencia da cultura musical na vila, de facer posible que un maior número de cidadáns sexan aficcionados activos da música, que un porcentaxe máis elevado de poboación poda acceder á formación e prácticas musicais.
Conseguir estes obxectivos require dotarse dun modelo de escolas municipais de música, que ofreza unha formación de calidade, adecuada ás necesidades que plantexa a sociedade actual, permeable no seu entorno social e cultural, e capaz de desenrolar un proxecto sostible económica e culturalmente interesante.
O modelo da escola de música deberá superara a tradición das ensinanzas musicais basadas na selección dos mellores, para dar prioridade ao feito da formación e que as prácticas musicais cheguen ao maior número de poboación posible. A definicición do modelo de escolas municipais de música non corresponde soamente aos concellos coma titulares, se non que tamén lles é competencia ás administración educativas para o desenrolo nomativos e aos modelos de financiación, así coma tamén ao entorno dos prantexamentos pedagóxicos que soen ser responsabilidade dos profesionais.
Partindo da experiencia de varios países europeos compróbase que as escolas de música poden xogar un papel determinante para a democratización cultural.
A filosofía das escolas de música está(ou debería estalo) máis preto do espíritu lúdico que ao virtuosismo. É precisamente ese lado social e non especializado o que determina a súa importancia trascendental na ofrmación integral da persoa e socioloxía da cultural.
Polo ano 2001, cando houbo que prantesarxe este “problema” non se tivo dúbida en elixir as Escolas municipais de música; eran moitos os alicientes para dita elección: relación profesional, figura nova no sistema educativo español, auxe, ponteciación e implantación nos concellos, escasa regulación, controversia con respecto á flexibilidad regulador, ofertas de fórums, encontros, xornadas, cursos etc …
Hoxe, 13 anos dispois, cmabiaron algunhas cousas e co paso dos anos a controversia sigue. E esto é bo, pero tamén fóronse enquistando algúns males sobre todo na relación ao Modelo de Centro: misión, obxectivos, oferta de ensinanzas, profesorado instalación e equipamentos, órganos de gobernó, reulamento de réxime interno, proxección educativa e social, … debido sobor de todo ao político e idea que traia para o centro … Esta indefinición explica por qué as escolas resultan tan fráxiles aos “humores” municipais.
O 30 de xullo de 2014 cumpriranse 21 anos da publicación da “Orden Ministerial por la que se regula las condiciones de creación y funcionamiento de las Escuelas de Música y Danza”, como desenrolo da “Ley Orgánica 1/1990, del 3 de octubre de Ordenación General del Sistema Educativo” onde establece no Título II das Enseñanzas de Réxime Especial, en concreto no artículo 39.5 “que podrán cursarse en escuelas específicas, sin limitación de edad, estudios de música o danza que en ningún caso podrán conducir a la obtención de títulos con validez académica o profesional” .
A implantación das Escolas de Música Municiapais (ESMUs) tiveron diferentes sortes e evolucións, non só nas diferentes Comunidades Autónomas, se non non concellos de cada unha delas.
Peeeeero, a diferencia do que ocorría nos países centroeuropeos, as corporacións locais nunca se implicaron no desenrolo dunha oferta educativa da ensinanza musical especializada que puxera o énfasis na práctica musical sen asociala á profesionalización.
Non hai que esquencer que un dos principios básicos da propia Orde é A FLEXIBILIDADE, que premite desenrolar un proxecto de Esmu de territorio, innovador, aberto, vivo e que satisfaga ás demandas dos cidadáns, reflexado nun proxecto educativo de calidade individual.
Este modelo de formación musical non formal/regrado diferñeciase, e aquí está a cuestión, da ensinanza regrada ou formal nas esixencias xurídicas e organizativas das ensinanzas conducentes á titulación. As Esmus poden configurarse tanto xurídica coma pedagoxicamente dunha maneira moi flexible, aspecto da suma importancia, pois cada escola é un modelo único, sinalando claramente as diferencias entre as Esmus e os Conservatorios.
Coa implantación da LOGSE pasouse a un modelo basado exclusicamente na formación de profesionais e , polo tanto, na obtención de titulación a un modelo de “educación musical para todos”.
A finalidade educativa da práctica musical per se, a relación entre a ensinanza recibida e as expectativas demandadas ou á extensión da ensinanza musical a sectores sociais desfavorecidos, quedaron sin resposta, non só nos diferentes plans educativos, senon tamén na participación dos sectores afectados.