Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Manuel Lago Álvarez

 A festividade de San Xoán Bautista celebrase o vinte catro de xuño. Aínda que a Igrexa celebra normalmente a festa dos Santos no día da súa morte, Imagen2.pngno caso de San Xoán Bautista, faise unha excepción e celébrase o día do seu nacemento. Co da Virxe e o de Xesús, o nacemento de San Xoán Bautista é dos tres únicos que celebra a Igrexa.

A noite de San Xoán é unha festividade que se perde no principio dos tempos, que adoita ir ligada a acender fogueiras ou lumes para festexar a chegada do solsticio de verán. A pesar de que o solsticio -no hemisferio norte- é o 21 de xuño, é na véspera de San Xoán cando se fan os ritos nunha noite que se considera “máxica” e que está relacionada con antiquísimas tradicións e lendas.

O rito principal consiste en acender unha fogueira. A finalidade deste rito era «dar máis forza ao Sol» que, a partir deses días, ía facéndose máis débil ao facerse os días máis curtos ata o solsticio de inverno. Simbolicamente, o lume tamén ten unha función «purificadora» nas persoas que o contemplan.

En Muros, a tradición máis estendida é a de prender “lumiños” ou “laradas”, para saltar o lume purificador e librarse así de bruxas e malos ollos.  Pese a que hai quen está empeñado en chamarlle “cacharelas”, o noso é chamarlle “lumiños”. O de “cacharela” é tratar de impor un nome que non é noso. Aínda que no galego existe o termo, non está demais lembrar que os muradáns temos unha FALA PROPIA queImagen3.png temos que coidar e preservar.  A diferenza entre lumiño e larada non é máis que diferenciar os materiais aos que se lle prende lume. No lumiño quéimanse arbustos (loureiros, toxos, xestas, etc), e na larada, madeiras máis consistentes (rachas).  A larada tamén é o lume que se acende dentro do fogar (lar).  Lembrades o de: lares, manes e penates?.  Pois iso.

Vou explicar varias tradicións deste día. Unhas aínda se practican e outras caeron en desuso, pero non elo deixará de ser interesante coñecelas. Presentes e futuros temos que coñecelas, como parte que son do noso patrimonio cultural inmaterial.

Na mañá do 23 era de costume coller auga da Fonte Santa, tamén coñecida por Fonte das Neviñas e que se atopa ao pe da capela. Unha copla moi muradana di:

Irás ao abrente do día

a auga fresca a catar,

da auga do paxariño,

que saúde che a de dar.

 Esta auga reservase para poñer a mollo as coñecidas como herbas de San Xoán (Fento macho, Fiúncho, Herba Luísa, Herba de San Xoán, Malva, Romeu, Sabugueiro, Croque, Nogueira, Trobisco, etc). Imagen1As herbas que nese día  acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas, son atadas nun feixe, e deixábanse nun caldeiro a remollo e ó sereno, toda a noite, mergulladas na auga collida da Fonte Santa. A mañá seguinte, lavábase a cara coa esta auga e gardabanse as herbas logo de secalas ao sol, para logo usar algunhas delas como menciñas e tamén para algúns outros ritos como o de que si as mozas solteiras meten as herbas baixo da almofada, coñecerán quen vai se-lo seu home ou o de que, pendurando da cabeceira da cama as herbas de San Xoán, pódese sabe-la sorte dos ausentes.

Xa na noite préndense os lumiños e arredor deles a xente contemplado como arde todo o que ten que arder: o material e o inmaterial. E no inmaterial: malos ollos, pesares, envexas, encantamentos, etc.  Cando o lume baixa, a xente ponse a saltar os lumiños, cos que se quer  tamén afumar ás bruxas e as malas persoas. Mozas e mozos que salten o lumiño un número impar de veces, sen toca-lo lume, casarán dentro dun ano. As nais que están presentes caladiñamente fan esta invocación:  «Deus te dou, Deus te criou, Deus che saque esta ollada se alguén cha botou. Antes que o mal sexa visto, naceu Cristo. Morra este mal e viva Cristo».  Os que saltan, ao calado din:

Eu paso polo lumiño de San Xoán /

para que non me morda /

nin cadela nin can /

nin bicho vivinte /

que ande polo chan.

E despois, coas brasas tempradas… póñense a asar as sardiñas, que se comen acompañadas de pan de boroa.  E veña festa cantando sátiras, e bailando ata que o corpo aguante.Imagen4.png

Pero hai máis.  Nunha parroquia de Muros, na media noite de San Xoán de curábase tamén ós nenos do enganido (raquitismo infantil) fendendo en dous unha ponla de carballo e pasando ó neno polo arco da fenda. O propio era que  estiveran presentes dúas Marías, ou unha María e un Xoán, dicindo:

«Toma María, toma Xoán.

Doucho crebado.

Darasmo san».

Logo disto, atan de novo a ponla ao árbore e se solda, o neno cura.

Noutra, a borralla do lumiño tírase ao río dicindo: «Demo maldito vaite de aí. Aí vai a borralla de San Xoán atrás de ti. Deus te leve ó mar onde non cantou galiña nin galo. E a que cantou, levouna o diaño».

 E na noite máxica non podían faltar as artes adivinatorias.  De costume tamén era estrelar un ovo nun vaso ou prato fondo con auga, remexelo no líquido Imagen5.pnge deixalo ao orballo.  Pola maña aparecerá formando estranas figuras. Si aparece unha raia gorda quererá dicir que teremos moita vida; se aparece a forma dun barco, que vas a embarcar pronto; a forma dunha igrexa, que te vas a casar, e outras formas posibles, que non menciono porque non me gustan nadiña.

Os mariñeiros, acostumaban poñer unhas ramas de codeso nas proas dos barcos co fin de que as bruxas non lle fixeran mal. Tamén se puña ramas de codeso tapando o fecho da porta principal da casa para que durante o ano non entrase nada malo nos fogares.Imagen6.png

Tamén de costume, bañarse na alborada nunha praia de areas gordas, como maneira de curarse de certos males de corpo e cabeza.  Tamén era de costume que mozos e mozas, na noite máxica, e logo de participar nos lumiños, se adicasen a cambiar de sitio todo canto atoparan e que se podera mover con facilidade.  (carros, macetas, bancos, etc.), para que os afectados pensaran que foron as bruxas quen os moveron na súa fuxida, escapando de tanta invocación na súa contra.

Para os días de San Xoán hai moitos ditos e refráns. Entre outros:

  • Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.
  • No lumiño de San Xoán, todos caen ao chan.
  • No San Xoán as bruxas fuxirán.
  • Polo San Xoán, as nove co día darán.
  • O día de San Xoán, é o día máis longo do verán.
  • Mañanciñas de San Xoán, unhas corren e outras van.
  • Polo San Xoán, calquera burro gaña o pan.
  • Quen xexuna polo San Xoán, é tolo ou non ten pan.
  • Na noite de San Xoán, bebe viño e come pan.
  • Polo San Xoán a sardiña molla o pan.
  • Os allos postos no San Xoán, son dentes de can.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Marcelino García Lariño

Dicía sempre a defunta de miña avoa (a filósofa, non a mística), que soamente os tolos e os nenos din, en todo momento, a verdade. E é ben certo.

Tamén é ben certo que estes curtos de intelixencia, tolos, parvos, apampados ou pasmados, os mais deles, por non dicir todos, collen a teimaImagen1.png relixiosa á que son profundamente afeccionados. A moitos destes desasisados vémolos con moita frecuencia nas igrexas axudando ou colaborando nos cultos que nelas a cotío se celebran. E aínda que na maioría dos casos non sexan retribuídos, non lle importa. Eles confórmanse e gozan co chope honorífico que eles mesmo, sen necesidade de acudir ás oposicións, se asignan.

Aí, nas igrexas, ninguén lle priva a súa colaboración, todo á contra, son moi considerados, estimados e tratados con todo agarimo; por iso eles encóntrase tan a gusto e satisfeitos considerándose útiles e importantes, que en realidade si que o son. Non lle pasa iso, por exemplo, nos concellos ou axuntamentos, que se entra un infeliz destes, aínda que sexa coa maior boa intención de facer algo de proveito, de seguidiña chímpano a rúa, e non sempre de boas maneiras. Desgraciadamente é así.

Pois un destes beneméritos altruístas e filántropos, aínda que subdesenvolvido, évos Xosé de Tiná, da parroquia de Lira, pero coñecido en tódalas freguesías de esta bisbarra e de outras.

Un domingo pola tarde entrou, como tantas veces, na ex-colexiata de Muros, e como adoita facer en tódolos templos da cristiandade nos que entra, foise dereitiño para a sancristía. Ó pouco comezou a santa misa, e o Xosé, coma tantas outras veces, axudou ó párroco no servicio do altar. Rematada a misa, axudou tamén ó celebrante, don Casimiro, a quitar os ornamentos que puxera para a celebración litúrxica, intre este que aproveitou don Casimiro para, por dicirlle algo, facerlle esta pregunta.

–¡Ai Xosé! ¿Cal dos dous predica mellor as homilías, o cura de Lira ou eu?

Respondéndolle moi concienciudo e seguro do que dicía, Xosé,  con esa espontaneidade e veracidade propia dos nenos e desta clase de enfermos mentais:

–Os dous vos facedes moi longos.

—X—

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Manuel Silva Fernández

(Manuel da Roura)

Soledades.

Soledad que me corroe,
soledad que tengo dentro.
Llevadme a mi casa blanca.
Ponedme en medio del pueblo.
Llevadme a mi puerta parda,
bajo el tejado bermejo.
Dadme fresco en el verano,

Dadme cobijo en invierno.
Arda leña en mi cocina
como anticipo del sueño
y entre un credo y un rosario
caiga afuera un aguacero.
Quiero la luna rielando
entre el Son y Corrubedo,
quiero la nube que tapa
a Montelouro en invierno.
Dadme suradas lluviosas,
dadme los nordestes secos,
dadme el sol de los veranos,
dadme los fríos de Enero.
Dame, Dios, mi hermosa tierra,
dame, Dios, mi viejo techo,
dame mi piedra de lar,
la tertulia con mis viejos
y el «boas noites» de ley

Cuando nos invade el sueño.
Pongan en mi acera gris
una losa como asiento.
Que yo, sentado en la losa,
repasaré mis recuerdos.
Vengan, pues, amigos todos,
vengan jóvenes y viejos.
Acudan para abrazarme
mis queridos compañeros.
Compañeros de la vida,
de la escuela y los rueiros.
¡Cómo no querer lo mio!,
¡cómo no querer lo nuestro!,
si lo que el pueblo me dio,
es lo que tengo de bueno.

«¡COMPANEROS DEL ALMA!, ¡COMPAÑEROS!»

Nota: El último verso se lo pedí prestado a Miguel Hernández. Yo lo pongo en mayúsculas.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Bendito can de palleiro..!

p/ Manuel M Pena Silva

Vas recibir, sen ter dado,Imagen2.png
adoptando un compañeiro
agarimoso, argalleiro,
contra a tristura, apropiado;
cando llo indiques, calado;
sen llo pedires, porteiro;
en campo aberto, aplicado
explorador pioneiro;
sempre gardián de poleiro,
fronte ao raposo, arriscado,
coma vixía apostado,
a pé do lar, cancerbeiro.

Gloria a quen foi desprezado,
bendito can de palleiro..!
  (Rioderradeiro)

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario