p/ Nieves Formoso Vidal

Un dos erros máis comúns ao compartir un post nun grupo de facebook é o de non comprobar o tipo de privacidade que ten a nosa publicación.  Suponse que cando publicamos algo nun grupo e para que todos os seus compoñentes o vexan, sexan ou non “amigos”, dándose casos nos que quen comparte (descoñecedor da privacidade do que publicou)  non é quen de entender que si todos os compoñentes do grupo non ven o seu post, é por que o publicou só para un público determinado, que case sempre é porque o compartilo dende un perfil no que só poden ver as publicacións os “amigos”, o compartilo sigue gardando esa reserva de privacidade, non podendo ser visto por xente diferente a quen se ten como “amigos” no seu perfil.  Esta  é o mensaxe que aparece cando alguén comparte algo que ten termos de privacidade.Imagen6

Evitar esto. é tan doado como seguir estas intruccións:  Fai clic sobre o icono que aparece xunto á data na cal ese comentario ou ligazón foi publicado. Se queres que os teus subscritores e o resto dos usuarios de Facebook poidan ver esa historia, elixe a opción “Público”. Si queres  que só os teus amigos de Facebook teñan acceso a ela selecciona ”amigos”. Imagen5Se non desexas que ninguén máis poida vela, elixe “solo eu”. A opción personalizado permitirache configurar de maneira aínda máis detallada quen ten acceso a ela. E se creaches listas de amigos terás tamén a opción de seleccionar unha delas.

Comparte as túas historias adecuadamente. Poida que algunhas merezan ser vistas por todos, mentres que outras unicamente polo teu grupo de amigos. Se máis tarde cambias de opinión podes volver editar a súa privacidade, pero en todo caso o normal e prudente é que cando se comparte algo en un grupo, todos os seus compoñentes podan ver ó publicado, sexan amigos ou non de quen o publicou.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

P/ César Lorenzo Gil

Hoxe reparamos na cociña. En moitas casas, nas que se come nesa habitación, é espazo para a conversa e, polo tanto, para a lingua. Mais hoxe ficamos no recanto máis silencioso, onde só se sente o tintineo dos pratos e vasos e oImagen3.png motor da máquina a lavar; canto máis modernas, menos barulleiras.

En galego, esa máquina non se chama lavavaixelas senón lavalouza. Debemos empregala con xénero feminino. “Non prendas a lavalouza até que estea chea de todo”. Loxicamente, lavavaixelas é un castrapismo, un mal calco do castelán lavavajillas.

Quere isto dicir que vaixela tamén é unha palabra incorrecta? Non. Podemos utilizala como sinónimo perfecto de louza pero sempre en rexistros máis cultos ou específicos. Por exemplo, é un tanto solemne dicir: “Vou lavar a vaixela” pero si podemos dicir: “Regaleiche diñeiro pola túa voda porque en cuestión de vaixelas, é mellor escoller cadaquén a súa” ou “O Pazo de Versalles garda unha valiosísima colección de vaixelas francesas do século XVIII”.

Para gardar ou poñer a escorrer as pezas da louza, o galego tamén ten unha palabra propia: louceiro. Nalgunhas comarcas usan as variantes tamén correctas de cunqueiro ou alzadeiro.

Se o moble só se usa para gardar pratos, copas e demais louza, xa seca, podemos empregar ademais chineiro. Esta palabra debe ser moderna en galego xa que en moitas casas se di á castelá, chinero.

A lacena é ben un oco de obra dentro das cociñas que serve como andel para gardar cousas ou unha parte do chineiro que conta con baldas e porta. Por extensión, podemos chamarlle lacena ao propio moble chineiro.

Polo xeral, a lavalouza está perto da pía, é dicir, o oco onde se lava a louza a man. En galego tamén podemos chamarlle vertedoiro, non fregadeiro, palabra considerada un castrapismo. Si podemos usar o verbo fregar neste contexto. “Na repartición de tarefas, non sei Imagen4como fixo pero ao final só ten que fregar a louza”. O campo léxico de fregar aínda se amplía ao obxecto co que lavamos. Amais de estropallo, esa pequena porción de material sintético (en tempos foi esparto, hoxe xa non) pode denominarse fregador, fregaduxo ou freganzo. Non debemos empregar en ningún caso o castelanismo salvaúñas para definir a esponxa que leva incorporado un estropallo. Tamén nese caso podemos empregar fregador ou directamente esponxa.

A baeta, en tempos, definía un tipo de tea basta e cuberta de pelo que non valía para vestir, polo que se empregaba en mesteres máis básicos. Un deles o de limpar e secar a pía. Hoxe unha baeta é directamente ese trapo permanentemente húmido, case sempre de cor amarela ou alaranxada.

O outro trapo que usamos na cociña, o que serve para non nos queimar coas cazolas ou para secar a louza, ten en galego moitos nomes. Amais de trapo ou trapo de cociña podemos usar mulido, rolla ou rodela.

Falaba de cazola. Esa é unha das moitas palabras que podemos utilizar para definir os recipientes metálicos ou porcelánicos onde cociñar. Na miña casa usouse sempre o metonímico porcelana. “Teño unha porcelana de macarróns que se van derramar”. Non se admite no galego estándar. Segundo a forma debemos empregar unhas palabras ou outras. Se o recipiente é cilíndrico usaremos pota, cazarola ou ola (por exemplo, o recipiente onde se fai o caldo ou tamén se cocen verduras, por exemplo, unha ola exprés). Se é redonda e baixa, chamarémoslle cazola. De ser de barro e ter a barriga e a boca anchas, o nome é pucheiro. Unha versión do pucheiro con tres pés que quedou en desuso ao desapareceren as lareiras era o pote.

Se é máis larga ca alta, o nome propio é tarteira. “Esta tarteira de ferro faime uns arroces bárbaros”. En galego admítense tanto paella coma paelleira, co significado de tarteira de moi pouco fondo útil para facer arroz ao estilo valenciano.

O cazo e o cazolo son utensilios de pequeno tamaño que se empregan para ferver líquidos ou cociñar cantidades moi pequenas. Diferéncianse no tamaño. A pesar de ser contraditorio dado o sufixo diminutivo, o cazolo é maior ca o cazo.

As tapas das tarteiras e demais cazolas tamén se poden chamar tampas. Na miña casa son rollas, igual ca os tapóns das botellas. Mais ese significado non aparece nos dicionarios máis coñecidos agás en dous, no Estraviz e no vocabulario que recolleu ese sabuxo de palabras en perigo de extinción que é Elixio Rivas.

Outras pezas que non faltan no seu lugar correspondente da lavalouza son os cubertos ou servizos. Nese apartado o galego está en franca decadencia e xa case se perderon as palabras propias. Diremos culler e culleriña; garfo e coitelo. Cuchilo é un castrapismo. Unha culler grande, das que se usan para botar a sopa, chámase cullerón ou cazo. “Compra un cullerón que cullerada a cullerada non hai quen encha seis pratos!”. Tamén cando está furado e ten dentes para mellorar apañar os espaguetes se chama cullerón ou cullerón para os espaguetes. Para apañar a ensalada usaremos unha pinza. Miña nai chámalle gancholo á pinza en cuxos extremos ten dentes. En realidade, o gancholo, na Maraña e en Cequeliños, é un instrumento agrícola que ten varios dentes (polo menos catro) en curva (é coma unha culler ou unha man dentada) e serve para levantar do chan esterco, herba ou batume. A palabra gancholo non aparece en ningún dicionario e non sei como lle chaman noutros lugares nin cal é a palabra estándar para este significado.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Elixio Vieites.

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita…),
Concello: Muros / Muros (comarca) Imagen1.png
Parroquia: Torea (San Xián)
Lugar: Riomao (Outeiro das Capas)
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:  A pedrafita mide uns 2,5 metros de altura e o diámetro da súa sección redondeada vaise reducindo coa altura. Ten dúas grandes pedras de forma case esférica na súa base que parecen ser elementos relacionados coa rocha principal. Nos traballos arqueolóxicos de prospección levados a cabo para a construción do parque eólico Pedregal-Tremuzo, xuño do 2004, non indican a existencia deste elemento, pois non está incluído no catálogo de achados. A localización está moi cerca da confluencia dos concellos de Muros, Outes e Mazaricos polo que puido servir ao longo do tempo de fito de demarcación dos seus terreos.
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Referencias bibliográficas:  http://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com.es/2014/03/mapa-das-pedrafitas-de-galicia.html

ReImagen2sultados da prospección arqueolóxica do parque Pedregal- Tremuzo
(non se contempla a pedrafita)

http://digital.csic.es/bitstream/10261/5493/1/CAPA20.pdf   –   pax 23 e 117

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está a carón dun viravento e dentro do terreo do parque eólico Pedregal-Tremuzo

Onde está localizada: Latitude: 42.8456864547
Lonxitude: -9.00522172451
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario
Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Manuel Lago Alvarez.

No aire sen tempo que a historia atesoura, non é difícil atoparnos con mil e un feitos de armas nos que o patrimonio arquitectónico relixioso e civil sufriu os Imagen4.pngconsecuencias de diferentes contendas.  A Vila de Muros non foi allea a elas, e querendo ou sen querer, foi escenario dalgunhas  batallas que deixaron pegada tanxible nalgúns edificios; un deles, o Santuario da Virxe do Camiño, que en xuño do ano 1805, do mesmo xeito que a Vila, foi bombardeado por un buque de guerra inglés.

Os feitos, perfectamente documentados nos arquivos do Almirantazgo da Súa Graciosa Maxestade, sucederon o día 4 de xuño de 1805, e foron protagonizados polo buque Loire, ao mando do Capitán Maitland e sucederon así:

Despois de atacar diferentes poboacións da ría de Camariñas, e habendo feito presos a mariñeiros do buque Esperanza,  soubo por estes de que no Imagen3.pngporto de Muros había fondeada unha nave corsaria francesa, de nome “Confiance”, armada con 27 canóns.  Posto en rumbo a Muros, ás nove da  mañá do día 4 de xuño, ao pasar o faro Rebordiño, o Loire viuse sorprendido polo fogo dos canóns do castelo da Vila, que provocaron nove feridos na tripulación do navío inglés.  Aínda que o Capitán Maitland ordenou contestar o fogo, viu que os canóns dos muradáns estaban moi ben situados e que poderían causar  máis danos ao seu buque,  por iso, ordenou ao  tenente Yeo asistido nesta ocasión polos tenentes dos marines reais Samuel Mallock e Joseph Douglas e o segundo tenente en funcións Charles Clinch, que asaltasen por terra a fortaleza e inutilizaran os seus canóns.

O  castelo foi tomado ao asalto, sendo os seus defensores apresados, mentres  o Loire,  bombardeaba a Vila e os seus arredores. Paralelamente o capitán Maitland, tras facerse cargo dos dous corsarios franceses e dun bergantín mercante español tamén fondeado, enviou unha mensaxe á poboación asegurando que en ningún momento dar actos de pillaxe nin se atentaría contra as vidas e bens de propios.

Unha delegación formada por notables de Muros (o capitán Maitland escribe no Diario de navegación do  Loire, que uno dos delegados era o  Bispo de Muros) agradeceu persoalmente ao capitán inglés o seu nobre xesto así como o cristián proceder do tenente Yeo e os seus homes cos feridos españois e franceses do fortín.

Ao pouco da batalla o Loire abandonou Muros, levándose ao buque francés “Confiance”, e outros dous, de ahi a frase moi coñecida de Muros:  “A confianza levouna ou inglés”.

Deste bombardeo, conserva o Santuario da Virxe do Camiño, dous impactos de bala de canón que locen nas fachadas este e sur.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario