Buscador interno
Fotografías
Categorias
-
Entradas recentes
- O OFICIO DE SANCRISTÁN EN MUROS
- A voz dos nosos poetas
- MÁIS DE OITO SETAS COMESTIBLES
- FRIAXE GLACIAL
- DATOS DE INTERES
- A voz dos nosos poetas
- Dúbidas do Galego: Lívido e libido
- Iglesia de Santa María do Campo (II)
- Curiosidades muradanas Mariñeiro agredido con un bastón, no ano 1754
- A prensa de 1960: Toma de posesión da Alcaldía de Muros do Dr. D. Fernando Rey Hermida e homenaxe ao anterior alcalde, Don José María Monteagudo Romaní”
- Publicidade muradana de 1961
- O Xuíz e os touros
- Novas de onte de novembro de 1912
- Muros: Resultados das eleccións de 2019
- Pedras ilustres da capela de San Pedro
- Fonte do Faro
- Cruceiro da Capela de Santa Cruz
- As comuñóns de 1910
- Corporacións de Muros 1979-2019
- Las Ordenanzas para la Villa de Muros dadas por el Arzobispo D. Lope de Mendoza (Noticia de los primeros regidores)
Etiquetas
- Abelleira
- Abril-2013
- Abril-2014
- abril-maio-2015
- Abril-maio-2016
- Agosto-Setembro - 2013
- Agosto-Setembro-2014
- agosto-setembro-2015
- Agosto-Setembro-2016
- Agustín González López
- Alfonso Pouso
- Alianza Uhía Patiño
- Amado Barrera
- Amador Martín Armesto
- A nosa Xente
- A Nosa Xente na diáspora
- Antonio Rey
- Antón Lameiro
- Bernardo Barreiro
- Blanca Fachado Lorenzo
- Capela do Carmen
- Capela dos Remedios
- Cartas da Redacción
- Cintia París
- Colexiata de Muros
- Convento Louro
- César Lorenzo Gil
- Decembro-2013
- Decembro-2014
- Decembro-2015
- Decembro-2016
- Domingo Juan Barreiros Lago
- Dra. Castiñeira
- Elena Barrera
- Elixio Vieites
- Emilio Xosé Insua
- Esmu-Carnota
- Esteiro
- Faltriqueira
- Febreiro-2014
- Febreiro-2015
- Febreiro-2017
- febreiro-marzo-2015
- febreiro-marzo-2016
- Francisco Abeijón Núñez
- Francisco Carantoña Dubert
- Francisco Javier Mayo Veloso
- Gonzalo Brea Romaní
- Henrique Monteagudo
- Historia
- Inés Monteagudo Romero
- Isidro García Dubert
- Joaquín Caamaño
- Joaquín Vilar Gómez
- Jorge Lago de Pexejo
- José Antonio Lago Lestón
- José Manuel Bermúdez
- José Manuel Formoso Luces (Porrúa)
- José María García Rodríguez
- José Vazquez Rama
- Juan Jesús Gestal Otero
- Longarela de Louro
- Louro
- Luciano Piñeiro González
- Luis Villar
- Maio-2013
- Maio-2014
- Manolo de Lajo
- Manuela Lado Lestón
- Manuela Tajes
- Manuel da Roura
- Manuel Lago Alvarez
- Manuel M. Caamaño
- Manuel María Pena Silva
- Marcelino García Lariño
- Maria Nieves Formoso Vidal
- Marisé Luces Tajes
- Marzo-2013
- Marzo-2014
- Marzo-2015
- María Luz Pérez Quintela
- Muros
- Música
- Novembro-2013
- Novembro-2014
- Novembro-2016
- Octubre-2014
- Octubre-2016
- Octubre-novembro-2015
- O Rumial do Campo das Cortes
- Outubro-2013
- Outubro-2014
- Pablo Andrade
- Pedro Caamaño Lago
- Pozo do Cachón
- Quín Muros-Negreira
- Ramón de Artaza Malvarez
- Ramón Martínez Caamaño
- Ramón Siaba Vara
- Revista TMT
- Ricardo Castillo
- Rioderradeiro
- Santiago Llovo Taboada
- Serres
- Setembro-2013
- Tal
- The Muros Times
- TMT
- Torea
- Videos
- Xaneiro-2014
- Xaneiro-2015
- Xaneiro-2017
- Xokas Figueiras
- Xullo-2013
- Xullo-2014
- Xuño-2013
- Xuño-2014
- xuño-2015
- Xuño-Xullo-2016
-
Únete a otros 55 suscriptores
marzo 2026 L M X J V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Arquivos
Estatísticas do blog
- 228.054 visitas
Comunidade
A pesca de baixura en Muros nos anos 50-60
Publicado en A Nosa Xente, Cousas que interesan, Historia
Etiquetado A nosa Xente
Deja un comentario
Presentación Monografico dedicado a Marcelino García Lariño
Luns, 29 de xuño, ás 13,00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Presentación do número monográfico dedicado ao Ilustre Muradán Don Marcelino García Lariño.
Interveñen: Jorge Lago Rama, Domingo A. Guerra París, Juan Jesús Gestal Otero, María Xosé Alfonso Torres (Alcaldesa de Muros)
No pasamento de Marcelo
Co pasamento de Marcelino García Lariño (o noso Marcelo da Rabela), Muros queda orfo dun home singular que adicou toda unha vida a louvar a
Muros e ás súas xentes. Na memoria de todos, os seus versos e a súa prosa plenos de muradanía, a súa faceta como narrador das vicisitudes da Vila e do seu alfoz, e tamén, por que non dicilo, coma conversador ameno e grande coñecedor do anecdotario, da historia e da sicoloxía persoal dos seus veciños. Dende TMT, unímonos ao fondo pesar da familia propia e da muradá (que somos todos) pola perda deste home egrexio, mestre de moitos e exemplo a seguir polas xeracións vindeiras. Para que o seu recordo non se perda, TMT proporá ao Concello que se institúa a convocatoria dun certame anual de poesía e relatos curtos que leve o seu nome. Asemade, a revista TMT do mes de Xuño irá dedicada integramente á figura e obra de Marcelo García Lariño.. A cantos queiran participar cos seus textos neste especial, agradecémoslles que envíen as súas aportacións (escritas ou gráficas) ao correo de TMT, antes do 15 de xuño.
Publicado en A Nosa Xente, Cartas da Redacción
Etiquetado A nosa Xente, xuño-2015
Deja un comentario
As tallas da Capela do Carmen
p/ Manuel Lago Álvarez
O amigo Xosé Manuel Porrúa tróuxome unhas fotos de dúas imaxes que estaban na capela do Carme e que por mor das obras de recuperación que escomenzaron estes días, trouxéronse para a parroquial. As imaxes colocáronse no altar do Corazón
de Xesús e correspóndense coas que presidían os retablos laterais existentes na capela do Carme.
A primeira delas e unha imaxe do evanxelista San Marcos. Con cara tenra, barba e bigote e ollos ben proporcionados e serenos, a talla feita en madeira policromada é de tamaño medio.
O evanxelista sostén no seu brazo esquerdo un libro e aos seus pes descalzos, a cabeza dun animal, que aínda que algo terioforme, semella sen dúbida a un león, símbolo por excelencia do evanxelista Marcos.
A segunda imaxe, xa non foi tan fácil identificala. Tamén de tamaño medio, representa a unha persoa maior con longas barbas, falto de pelo na cabeza, co torso espido, e que sostén na súa man dereita algo así como unha peza paralelepípeda que poderá imitar unha pedra ou un anaco de pan ben cortado.
A túnica da imaxe resulta remontada de cintura para abaixo, deixando as pernas espidas, co singular de que a perna esquerda está dobrada hacia atrás, descansando a rodilla sobre a cabeza dun león, que semella grandemente ser do mesmo tamaño e feitura que a cabeza do león da outra escultura.
Para identificar
a imaxe o primeiro foi descartar que se tratase doutro evanxelista, porque tan só San Marcos está representado polo león. Aos outros evanxelistas represéntanse por: A San Xoán, un aguia; a San Lucas un toro, e a San Mateu un anxo.
Posto a rebuscar na vida dos santos para dar nome ao santo que representa esta escultura, topeime con varias nos que o león ou leóns tiveron algo que ver nos seus andares por este mundo. Ao remate quedeime con San Antón abade, e paso a explicar o porqué.
San Antón Abade foi un monxe cristián que viviu no século IV. O relato da súa vida, transmitido principalmente pola obra de San Atanasio ten elementos históricos e outros lexendarios. Outro historiador de San Antón foi San Xenaro, que na súa obra “Pablo el Simple” (un famoso anacoreta), conta que Antón foi a visitalo na súa idade madura e que o corvo que, asegún a tradición, alimentaba diariamente a Pablo entregándolle una fogaza de pan, deu a benvida a Antón suministrando dúas fogazas. Á morte de Pablo, Antón enterrouno con axuda de dous leóns; de aí o seu padroado sobre os sepultureiros e os animais.
Vista a historia de San Antón, e a imaxe da que escribía ao principio, na que o santo apoia a súa rodilla na cabeza do león, e que está sostendo un pan na súa man dereita, pois ten tódolos visos de que a talla representa a San Antón Abade.
Por outra banda, as tallas semellan ser feitas polo mesmo autor. Son barrocas, do século XVIII, e pola súa feitura estilizada, polo abundante da policromía na talla de San Marcos, e singularmente polos rostros pequenos, ben puderan ser feitas polo artista compostelán José Gambino, quen foi un dos grandes artistas da escola do barroco compostelán, e sogro doutro grande artista da mesma época, José Antonio Ferreiro.
Pero, pero… os datos do león e a fogaza de pan que creín concluíntes, non o son. A imaxe correspondese coa de San Xerónimo, tamén anacoreta durante 35 anos nunha cova perto de Belén. A presunta fogaza de pan non e tal; é unha pedra coa que o santo se mortificaba dándose golpes no peito, e o león, unha representación do animal que o santo curou e que agradecido o acompañou ata a súa morte. A diferente iconografía relativa a San Xerónimo así o mostra: medio espido; con unha pedra na súa man dereita; unha cruz na esquerda, e o león aos seus pes.
O que non me resultou moi claro foi o porqué da presenza da talla deste santo na capela do Carme. Normalmente as igrexas e capelas teñen santos e santas polos que a devoción popular sinte predilección, pero buscando fun quen de atopar algúns documentos que fan referencia aos fundadores.
A construción da capela do Carme dátase no ano 1767, pero ata o de agora non se dou topado o escrito de fundación e as “mandas”, que este pudera conter. O que sí din foi con unha referencia a un contrato do ano 1783, feito en Muros entre Don Fernando María Carantoña Oca e Mendoza, Conde de Medina y Contreras, veciño de Noia e Don Simón Malvarez, a quen o devandito contrato señala como “protector de la Capilla de Nuestra Señora del Carmen”, e aquí o gran dato descoñecido… no contrato faise constar que a Capela do Carmen fora fundada por Don Jerónimo Durán e Don José de Montes. Este contrato forma parte do arquivo notarial de Don Felipe Jacobo García, notario de Muros, no ano 1783.
Aínda hoxe o nome de Jerónimo non e moi habitual nas terras de Muros, pero aí está como fundador da capela e por ese feito… do mais normal e habitual nas fundacións de capelas que os seus promotores as dotasen de imaxes dos seus santos de cabeceira. Quédome con esta explicación a espera de que algún día apareza o documento de fundación da capela, onde estarán refrexadas as “mandas”, que de bo seguro tamén farían referencia a colocación dunha imaxe de San Jerónimo na Capela do Carme.
Publicado en Arte e Cultura, Historia
Etiquetado abril-maio-2015, Manuel Lago Alvarez
Deja un comentario
As rúas da Vila
p/ José Manuel Formoso Luces (Porrúa)
Teño andado por moitas rúas de vilas como Muros, pero como as nosas ningunha. E non é pasión de muradán; é, simplemente,que as nosas son moito mais bonitas. Tan só os seus nomes xa merecen unha mención especial.
Qué vila pode presumir de ter entre os nomes das súas rúas; uns que nos lembran a alegría da vida, como esperanza, salud, salero, paz, recreo, gracia, rosal, descanso,etc, e outros tan significativos como, calvario, amargura, soidade, paciencia, etc. É que somos únicos.
Outros nomes de rúas, por unhas ou por outras causas, fóronse quedando atrás. Nomes que quedaron no recordo dos muradáns foron: Prim, Cardenal Cisneros, Buenos Aires, Villa de Bilbao, Dr.Novo Campelo, etc.
O que eu e moitos botamos de menos, e que non se adiquen rúas a persoeiros da Vila (que tivemos e temos moitos), que ben merecerían que o seu nome, para lembranza das xeracións futuras, quedara impreso no rueiro de Muros.
Publicado en Cousas que interesan
Etiquetado abril-maio-2015, José Manuel Formoso Luces (Porrúa)
Deja un comentario








