A nosa Xente: Domingo Antonio Guerra París

Facer de biografo de noso Domin non lle pode resultar fácil a ninguén, porque este muradan en exercicio e unha persoa que sempre quer pasar desapercibida. Humilde en todo, e un namorado do seu pobo natal e das súas xentes.

Fillo de AntonioImagen8 Guerra e de Tomasa da Florera, naceu en Muros no ano 1964. Casado con Marita (unha guapa muradana de Miraflores), ten unha filla. No ano 1987 entrou a traballar no Concello de Muros, e en 1992, pasou a formar parte do Consello de Contas de Galicia, na area de facendas locais.

Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago, e Máster en Auditoría de Contas, (Instituto de Auditores Censores de Contas de España e USC), e experto en fiscalización externa do sector público local de Galicia e na elaboración de Diagnósticos integrais de situación e implementación de plans estratéxicos.

Estudioso empedernido, ten publicados un bo número de traballos sobre temas económico-financieiros: «Os concellos e os efectos negativos da globalización nas comunidades costeiras», “As operacións de Tesourería: unha proposta de fiscalización”; «A cuantificación do remanente de tesourería nos municipios galegos menores de cinco mil habitantes». “A rendición de contas nos municipios galegos”, «Actividad económica muradana. Una visión subjetiva», etc.

No ano 2007, xunto con outros muradanos comprometidos, fundou a Asociación cultural “SORUM”, que desplegou un amplo abano de actividades culturais, que dexeixaron unha fonda pegada en Muros e a súa bisbarra. A Asociación foi disolta en abril de 2013.

Domin, que é un home ainda novo, está chamado a ser un referente ideolóxico no campo da xestión económica-financiera do municipalisto galego.

Anuncio publicitario

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s