(p/ M. Lago Alvarez)
Entre as moitas fotos antiguas de Muros, que nestes últimos anos apareceron nas redes sociais, moitas foron as que me chamaron a atención; pero unha en especial: unha foto da fachada da ExColexiata de Muros, na que se pode observar como a torre do campanario carece da balaustrada que ahora ten.
Nin preguntando ós mais vellos fun capaz de datar a foto, pero como a miña curiosidade sempre foi grande… fun capaz de resolver o misterio.
No periódico local “La Liga de Amigos”, no seu número 102, de 15 de maio de 1912, e dentro da sección “de interés local”, recóllese a seguinte nova:
“Gracias Sr. Cura”.
“Hace tiempo veníamos pidiendo a dicho señor la necesidad de poner en la torre de la iglesia un balconcillo, fuera de hierro o de ladrillo para evitar que se cayeran de la misma los niños que tenían que subir a tocar las campanas, al fin entre otras mejoras llevadas a cabo en la iglesia le tocó también poner un bonito balcón de balaustres con los esquinales de ladrillo a todo el descanso que hace la torre, quedando evitado con esa mejora el que los niños puedan caerse abajo. Nuestra enhorabuena al Sr. Souto Iglesias y tomen nota los del Ayuntamiento de la actitud del Sr. Cura. Aunque contrarios en política oye nuestras quejas y hace las mejoras que son de justicia y ellos basta que nosotros lo pidamos para que no se haga y sino dígalo la calle del Príncipe.”
Da nova queda claro que a balaustrada actual rematouse no ano 1912, a instancias do párroco de Muros, Don José Souto Iglesias, polo que, a foto de data dubitada debe ser anterior o mes de maio do mesmo ano.
Acoplada o lado ezquerdo da fachada principal, a torre do campanario foi construída no ano 1758, a expensas do Gremio do Mar, que tamén sufragara a construcción da capela dos Dolores (1784) e a do Espíritu Santo, que tiña a súa sacristía, e que durante anos foi o baptisterio da parroquial. A torre e de estilo barroco seguindo os usos e gustos dos grandes arquitectos compostelans, e a ela accedese polo interior da nave, por unhas escaleiras de caracol.