A danza sae da panza

(p/ Marcelo da Rabela)

A nai do Cristoviño no rexía moi ben que digamos dos miolos do cerebro da cabeza, defecto este que xa lle viña de herdanza; e o pai, rexía un pouco mellor cando non estaba borracho, que rara, moi rara, era vez que non se atopa nesteImagen20 estado de embriaguez que é o mesmo que dicir que aínda rexía menos.

Pois nesta condición calamitosa, sen roupiña que vestir e famiña en abundancia, vivía, mellor dito malvivía o Cristoviño e mais os sete ou oito irmáns, mal contados porque seguramente eran máis, nunha mísera choza afumada e negra como os meus pecados –non me atrevo a chamarlle casa por non faltar a verdade– de non sei cantos centímetros cadrados (pois a un metro non chegaba).

Tiña de bo, tanto o Cristoviño coma os seus irmáns, que amais da nai biolóxica, a que os pariu, outras nais que eran as que, dun xeito ou outro, vestíannos, educábannos e mantíñannos. Tamén cumpre dicir que eles, as criaturiñas, eran todos de máis xeitoso, mesmamente coma anxelotiños.

Un día o Cristoviño foi en cas da súa nai Mariquita (unha das tantas Imagen18 que tiñan, sen ser a deles) e moi contento díxolle:

–Non sabe, mamá Mariquita. Papá ten un galo e vaino matar mañá en Louro para comelo na festa da Madanela.

E a señora Mariquita, a nai Mariquita, moi agarimosa, díxolle ó rapaciño:

–E a min non me has de traer un anaco. –Respondeulle o neno: –Se mo dá miña nai, si.

Ó outro día, domingo, festa da Madanela, alá foron para Louro, que mesmo parecía unha procesión sen santo, o Cristoviño, os pais do Cristoviño e a lexión de irmáns do Cristoviño co galo e demais trebellos en cestas á cabeza. Ese día no apareceu Cristoviño pola casa da súa nai Mariquita.

Ó outro día, luns, chegou a casa da señora Mariquita o Cristoviño, ditoso e feliz, dicíndolle:

–Mamá Mariquita. Onte farteime de comer na carballeira da Madanela. ¡Miña nai o que tal comín! Case me fartei. –¿Ulo o anaco de galo que me traes para min? –preguntoulle a Mariquita.Imagen19

–Non lle traio nada. –¿Daquela?

–E que non sobrou nada. Comémolo todo.

E o rapaz non mentía. A señora Mariquita ben que o comprendía; por iso preguntoulle:

–¿E que tal estaba? –¡Mi má! De tanto que nos gustou ata lle chuchamos os osos. Entón foi cando a señora Mariquita, a súa nai Mariquita, lle preguntou: –¿Cómo o cociñáchedes, asado? –respondéndolle o cativo moi orgulloso: –Non señora. Metade en empanada e a outra metade en caldeirada.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s