Tipo de ben: Vivenda singular , Alpendres e edificios auxiliares , Concello: Muros Parroquia:Louro (Santiago de) Lugar:Louro-Rueiro dos Cuncheiros. Cronoloxía: Descoñecida , Descrición:
Conxunto formado por unha vivenda e un alpendre adosado. Trátase de dúas edificacións rectangulares cubertas cada unha delas a dúas augas,conformando así unha fachada de dous piñóns, na que resalta a sopena para protexer o cumio, e unha gárgola para a saída da auga que percorre a gran canle do muro medianeiro cara a fachada. Nos muros utilízanse grandes pezas graníticas axustadas con rachas (perpiaño) sen regularizar. No alpendre destaca a porta, protexida por dúas grandes pezas monolíticas que soportan a súa vez outra que serve de torna chuvias. A vivenda accédese por un sinxelo patín sen antepeito baixo o que se encontra a entrada ás cortes. Este tipo de construción correspondería a chamada “casa do pincho”, que apareceu na Galiza mariñeira na idade media e caracterízase por ter o piñón na fachada da casa así como pola súa construción entre medianeiras.
Propiedade: Privada Uso actual: Residencial Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Dato descoñecido Tradición oral: Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».
Artigo de Xokas Figueiras, recollido en: http://www.patrimoniogalego.net